HomesociedadeAberto o prazo de reservas para o 'Viñobús Vendima'

Aberto o prazo de reservas para o ‘Viñobús Vendima’

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra abre as reservas para unha nova edición desta actividade na que os participantes viven a experiencia dun dos traballos máis esperado do ano para adegas e viticultores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A experiencia da actividade que promove o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, semellante á de edicións anteriores, pretende que os visitantes deste destino turístico teñan a oportunidade de poñerse na pel dos “viticultores e viticultoras heroicas”. Deste xeito, reprodúcese o que sería un día de vendima tradicional nas pronunciadas ladeiras da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE E RESERVAS

Comézase a xornada cunha breve introdución e paseo polo viñedo, acompañados dos propios colleiteiros, quen ensinarán as particularidades do chan e das uvas a colleitar. A experiencia continúa coa organización de traballos e aparellos necesarios para levar á viña, recollida e carretaxe da uva e, posteriormente, os que se animen, poderán pisar os acios como se facía antigamente.

Participantes da actividade na adega seleccionando a uva (2023). Foto: Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

Os participantes tamén terán a oportunidade de realizar unha cata de uvas, mostos e viños, ademais de desfrutar dun pequeno tentempé ao rematar, tal e como se fai nunha xornada habitual de vendima. 

Participantes da actividade no 2023 xantando. Foto: Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

É unha actividade dirixida a todas as idades e a súa duración é dunha media xornada estendida; inclúe o transporte en microbús, guía especializado en enoturismo e todas as actividades en viñedo e adega. Todos os que participen do pisado tradicional da uva, poderán recibir nos seus domicilios unha botella de viño cando este estea listo para a súa degustación.

A saída será ás 10:30 h. dende o Parque dos Condes de Monforte, lugar onde tamén rematará a actividade ás 16:40 h. aproximadamente. No que respecta aos prezos, para adultos o custe é de 15 euros. Nenos de 4-12 anos, 10 euros. Menores de 4, non pagan.

As reservas están abertas na páxina web do propio Consorcio de Turismo Ribeira Sacra sendo as datas da actividade os días 21, 22, 28 e 29 de setembro.

Trátase dunha iniciativa financiada con cargo ao Convenio de Colaboración asinado entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

Cuarta xornada de folga nas residencias privadas de maiores e centros de día

Como nas xornadas anteriores, desde a CIG informan que a folga estivo marcada polos...

Convenio de colaboración entre o Xeoparque Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

O Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos...

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...