HomeMedio ambiente e PatrimonioO 19 de setembro entréganse os premios do Concurso de Embelecemento de...

O 19 de setembro entréganse os premios do Concurso de Embelecemento de Fachadas e Balcóns do Concello de Chantada

Por primeira vez este ano, o Concello de Chantada, a través da Concellaría de Parques e Xardíns, convocou o Concurso de Embelecemento de Fachadas e Balcóns, para o que foron admitidos un total de 22 aspirantes, dos que 15 eran decoracións de balcóns e fachadas da capitalidade municipal e o resto correspondían ao rural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O xurado que este sábado, 14 de setembro, daba a coñecer os premiados; visitou nesta mesma xornada os espazos decorados e viu tamén fotografías dos participantes que se fixeron en xullo. O xurado desta primeira edición do concurso estaba integrado por profesionais que forman parte do xurado do movemento Vilas en Flor, promovido pola Fundación Juana de Vega, xunto con Asvinor (Asociación de Viveiristas do Noroeste) e Agaexar (Asociación Galega de Empresas de Xardinería), co que o Concello de Chantada xa ten conseguido 4 Flores de Honra. O Concello de Chantada é así o único concello de Galicia, xunto con Tomiño e Allariz, que ten acadado 4 distincións, que recoñecen a aposta das Administracións Locais pola mellora da calidade de vida a través da xestión sostible dos seusespazos verdes.

“Este ano participaremos de novo na convocatoria e confiamos en obter un novo recoñecemento pola importante aposta que se fai desde a área de Parques e Xardíns por conservar e crear novas zonas verdes que repercutan positivamente na vida cotiá dos veciños e veciñas”, explica o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, que felicita tamén aos participantes no Certame de Embelecemento de Fachadas e Balcóns, “Con este concurso buscabamos poñer en valor os beneficios estético-ambientais das fachadas e balcóns como elementos vivos da vila e fomentar a participación cidadá na ornamentación dos espazos, polo que sen a implicación veciñal esta iniciativa non sería posible”.

Concurso Fachadas Chantada 2º premio / Concello de Chantada

Nesta primeira edición entregaranse 1.050,00€ en premios, resultando gañadores os seguintes:

  • 1º premio: 350,00 € para Ana María López González (37 puntos)
  • 2º premio: 250,00 € para Alicia Fernández Lamas (29 puntos)
  • 3º premio: 200,00 € para Diana Iglesias Crespo (27 puntos)
  • 4º premio: 150,00 € para Victorino Fernández Rodríguez (26 puntos)
  • 5º premio: 100.00 € para Ana Belén Otero Vázquez (25 puntos)

O  xoves, 19 de setembro, ás 20:30h. na Casa da Cultura de Chantada, convócase a todas as persoas participantes no concurso para a entrega de premios, onde ademais os gañadores recibirán un diploma acreditativo e a todos os candidatos entregaráselles un agasallo para seguir incentivando a creación de espazos verdes.

Concurso Fachadas Chantada 3º premio / Concello de Chantada

O xurado desta primeira edición integrábano:

  • Amancio Lavandeira Suárez. Enxeñeiro técnico agrícola. Profesor no ciclo superior de paisaxismo e medio rural en Fonteboa.
  • María Isabel Iglesias Díaz. Doutora en Ciencias Biolóxicas. Profesora titular na Escola Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Carlos Cárcamo Álvarez. Enxeñeiro técnico agrícola municipal do Concello de Ourense.
  • Manuel Rodilla del Barrio. Arquitecto técnico.

Para escoller as mellores decoracións, o xurado valorou os seguientes criterios:

  • Orixinalidade e creatividade da composición: Valoración de 0-5
  • Laboriosidade: Valoración de 0-5
  • Uso de materiais reutilizados e ornamentación non floral: Valoración de 0-5
  • Naturalidade (Variedade das plantas utilizadas): Valoración de 0-5
  • Colorido: Valoración de 0-10
  • Perdurabilidade: Valoración de 0-10
  • Calidade ornamental (harmonía e deseño): Valoración de 0-10

Concurso Fachadas Chantada xurado / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...

Primeira fin de semana do ‘Mercado de Nadal’ de Monforte

Este sábado 21 de decembro abrirá as súas portas o Mercado de Nadal do...

21 de decembro de Petiscos de Nadal en Taboada

A ACIMTA, Asociación de Comerciantes e Industriais do Concello de Taboada vén desenvolvendo no...