A actividade desenvolverase o xoves, 26 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00, platenxándose como un taller de prototipado da man do emprendedor, Pablo Osorio, que achegará ás persoas participantes cuestións como as etapas do design thinking que lles permitirán desenvolver as súas ideas, entender como incorporar a innovación ao seu proxecto ou coñecer que tipo de prototipos hai para poñer a proba as ideas no mercado.
No encontro no que haberá opotunidade de coñecer a outras persoas emprendedoras, abordarase tamén como identificar os prototipos máis axeitados para cada proxecto e comezar a crear un plan de acción.
Para participar terán que inscribirse na seguinte ligazón: https://forms.office.com/e/Di0fgMwBuM. Para máis información poden poñerse en contacto con Ana Randolfe no 648 16 68 48.
Acción contra a fame promove tamén o taller en liña “Axudas para Emprender en Galicia” con Ronsel Vázquez (Implicatum) dirixido a persoas que queren emprender. Será o vindeiro martes, 24 de setembro, de 12:00 a 14:00h e as inscricións poden facerse desde este link.
Con estas iniciativas apóstase polo emprendemento como forma de acceder ao mercado laboral, ofrecendo asesoramento personalizado gratuíto. Ademais, dentro do itinerario inclúese o Curso En liña “Emprende – Innova”, un complemento formativo interactivo gratuíto de emprendemento de 22 horas de duración no que se traballa a definición da idea de negocio, liderado e toma de decisións, así como ferramentas de xestión do tempo.