HomesociedadePechada ao tráfico por obras a estrada provincial LU-P-5713 na parroquia sarriá...

Pechada ao tráfico por obras a estrada provincial LU-P-5713 na parroquia sarriá de Piñeira

A Deputación de Lugo pechou este luns ao tráfico en Sarria a estrada provincial LU-P-5713, que conecta a vía autonómica LU-546 ao seu paso polo municipio coa parroquia sarriá de Piñeira. Este corte de circulación débese ao inicio das obras de aglomerado en quente, que forman parte do proxecto de mellora da vía, cun investimento que supera os 100.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actuacións afectan a un tramo de case dous quilómetros, desde o inicio da estrada ata o punto quilométrico 1,850, e obrigarán a manter a vía pechada ata a finalización dos traballos, prevista para este mércores, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan. Durante este período, habilitaranse desvíos provisionais para minimizar as molestias aos condutores.

Esta intervención, realizada pola empresa Grupo Bascuas 2008 S.L., inclúe tamén a limpeza de laterais, melloras no sistema de drenaxe, a pavimentación con aglomerado en quente e a instalación de nova sinalización horizontal e vertical. O prazo de execución é dun mes, polo que se espera que as obras se completen nas próximas semanas.

Con esta actuación, a estrada LU-P-5713 verá mellorada a súa seguridade e comodidade. Esta intervención reflicte o compromiso da Deputación de Lugo co mantemento e a mellora da rede viaria provincial, contribuíndo ao desenvolvemento económico e social das áreas rurais e á calidade de vida dos seus veciños e veciñas.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...