Homesociedade24 de setembro con baixada de presión no subministro de auga en...

24 de setembro con baixada de presión no subministro de auga en varias rúas de Monforte

Con motivo das obras na rede de abastecemento de auga que abastece ó depósito de San Vicente, este martes, 24 de setembro, procederase á conexión da tubaxe xeral co by-pass na rúa Rosalía de Castro. Para esta obra farase un corte no subministro que suporá unha baixada de presión entre as 8:00 e as 18:00h

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras levarse a cabo a semana pasada a conexiónda tubaxe xeral co by pass na intersección entre a rúa Coruña e a rúa Rosalía de Castro, este 24 de setembro levarase a cabo a conexión na intersección entre a rúa Rosalía de Castro coa rúa Doutor López Suárez.

As rúas que se verán afectadas por esta acción de mellora serán o Lugar de Reigada, e en ambas marxes das seguintes rúas: Rosalía de Castro, Doutor Casares, Concepción Arenal, Doutor López Suárez, Poeta Noriega Varela, Condesa Pardo Bazán, Vilanova, Morín, Rioseco, Juan Montes, Padre Feijóo, Ramón Cabanillas, Mato e rúa das Cruces.

Dende o Concello agradécecese a comprensión dos veciños e reiterarlles as desculpas polas molestias que estes traballos están a ocasionar.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...