HomesociedadeRibeira Sacra, destino rural por excelencia

Ribeira Sacra, destino rural por excelencia

O turismo en Galicia, nesta ponte, acadará cifras de ocupación similares ás de 2015 ou 2016, en torno ao 60% ou 70%.

Publicado o

- Advertisement -

Estes días agárdase que as casas rurais teñan unha ocupación de en torno ao 50%. Un sector que se ve impulsado por iniciativas como o Outono Gastronómico.

Por áreas, a Ribeira Sacra situarase entre o 40 e o 60% de ocupación e estase convertendo nun dos destinos galegos no que máis se desestacionaliza o turismo. Desde o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra o balance que se fai do ano é moi positivo. Novembro rematou cunha ocupación do 57%, un 10% por riba das previsións.

A ocupación na Costa da Morte ronda o 70%, o que os hostaleiros cualifican de “moi positiva”, mentres que no Salnés pode ser “lixeiramente inferior” á do ano pasado e quedar entre o 70 e o 75 por cento. A zona das Rías Baixas galegas, apunta o sector, está especialmente afectada as reservas de última hora.

En Santiago de Compostela, as cifras caerán e quedarán con probabilidade en torno ao 50%. En concreto, desde Hostalaría Compostela, estiman unha ocupación do 51,6% nos hoteis e do 53,4% nas pensións para a ponte de decembro.

Sobre o 60% son as estimacións que baralla o sector na cidade de Lugo para esta ponte, mentres que A Coruña confía en alcanzar un 68% de ocupación, cifra “positiva”, aínda que inferior á do ano pasado. As compras e o factor termal impulsan aos viaxeiros na cidade de Ourense, que podería alcanzar o 80% de ocupación.

Iuminación Nadal Vigo / vigoenfotos.co

O destino que está recibindo máis turistas nesta ponte, é Vigo. Os hostaleiros vigueses están pletóricos. Segundo o Clúster do Turismo de Galicia, Vigo é o concello galego con mellores previsións de turistas, uns turistas que, principalmente, acoden á cidade para ver a iluminación de Nadal. De feito, as previsións do sector é que os establecementos teñan unha ocupación do 85 e 90%, algo impensable hai cinco anos, por exemplo, e atribúen esta suba ao famoso, e polémico, alumeado de Nadal. O sector agarda que os turistas, ademais de visitar a cidade, tamén fagan compras.

ÚLTIMAS

Quere o teu mercado desenvolveuse este sábado na Praza de Abastos de Monforte

Como parte da promoción, dende o Concello de Monforte, organizaron unha degustación de produtos...

D 4 ao 6 de xullo celébrase a VII edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A montaxe e deseño dos stands, continúa a liña de edicións anteriores, pero modifícase...

Rematan os traballos de acondicionamento do Bolo de Betote, en Sarria

A Xunta acaba de executar unha actuación para acondicionar e poñer en valor o...

Un novo éxito para a edición de 2025 de ‘Marida Maio’

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este pasado xoves...