HomeMovementos sociaisManifestacións en defensa da viticultura e do ensino na Ribeira Sacra aproveitando...

Manifestacións en defensa da viticultura e do ensino na Ribeira Sacra aproveitando o retiro de Rueda en Sober

O domingo 29 de setembro, coincidindo coa fin do retiro do Goberno da Xunta no pazo de Sober, Interior Galego Vivo convocou unha concentración ás 12 h diante da finca do pazo. Con esta acción, IGV amosou o total apoio ás reivindicacións dos viticultores da Ribeira Sacra aos que este ano non se lles recolle uva, apoiando a concentración convocada polo SLG.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Convocadas polo SLG, na mañá do domingo viticultoras e viticultores levaron as súas reivindicacións ao Presidente da Xunta de Galicia aloxado no Pazo de Sober esta fin de semana. Tamén rexistraron unha carta dirixida ao propio Alfonso Rueda, instándoo a convocar unha mesa de traballo real, con presenza de tódolos axentes do sector, comezar a establecer pautas para protexer a Denominación de Orixe Ribeira Sacra, tales como a poda en verde e baixar rendementos, prever axudas directas para as persoas viticultoras para o ano 2025, limitar plantacións, campaña de promoción importante diferenciando a DO Ribeira Sacra e un mapa claro que permita coñecer con certeza os límites da DO.

“Malia aos anuncios institucionais, a Xunta de Galicia non activou ningunha medida de apoio directo ás persoas viticultoras, nin tampouco se aprecia horizonte de traballo ningún que protexa a produción da vendima do vindeiro ano”, asegura o sindicato que convocaba para esta tarde xuntanza aberta en Monforte para abordar cas viticultoras e viticultores da Ribeira Sacra estratexias a seguir para sobrelevar o forte impacto económico que supón a non recollida da uva a máis de medio milleiro de produtoras e produtores.

Protestas ensino

Á concentración do domingo en Sober, sumáronse a ANPA do CEIP Virxe do Carme e unha representación da do colexio de Ribas de Sil, ambas protestando polos recortes educativos na zona, aproveitando a presenza en Sober do Conselleiro de Educación.

Así, na concentración tivo unha importante presenza a protesta contra os recortes educativos, con lemas como “os amigos de Dorado non gastan en profesorado”, unindo así forzas co sector do viño.

“Hai que lembrar que a escasos metros do pazo se sitúa o CEIP Virxe do Carme, onde a Xunta incumpre as rateos de profesorado establecidas no seu propio Acordo de melloras e que o centro ten unha profesional de Pedagoxía Terapéutica só 3 dos 5 días que lle corresponderíán legalmente, e isto a pesar de que a Consellería coñecía dende o curso pasado esta necesidade. Hai que sinalar que ningún membro do Goberno galego se achegou ata a concentración para, sequera, coñecer as reivindicacións”, conclúen desde Interior Galego Vivo.

Mobilizacións ensino e viticultura ante Rueda en Sober / IGV

ÚLTIMAS

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...

Unha nova xornada do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este xoves, 22 de maio, terá lugar ás 19:30 h. a segunda xornada da...

Prazo de inscrición aberto ata o 10 de xuño para participar na XXV edición de Artelemos

Como o ano pasado a cita coa mostra de artesanía durará 6 días, nesta...

25.000€ da Deputación para promoción turística da Ribeira Sacra

O mandatario provincial, José Tomé, puxo en valor o labor do Consorcio de Turismo...