HomesociedadeRematado o lavado de cara de varias rúas e estradas de Monforte

Rematado o lavado de cara de varias rúas e estradas de Monforte

As melloras fixéronse na rúa Carude, desde o Paseo de Lugo ata a Capela de San Lázaro; no Reboredo, desde o paso a nivel ata onde rematan as beirarrúas e estase co pintado da estrada LU-P-3203, de Monforte a Rozabales e Vilachá de Salvadur.

Publicado o

- Advertisement -

As obras contan con financiamento da Deputación Provincial en colaboración co concello. Destináronse 180.000 euros a case 4 quilómetros de vías que benefician a centos de veciños, residentes nestas rúas e usuarios das mesmas, pois trátase de vías que soportan un elevado volume tráfico.

A LU-P-3205, comunica co Polígono Industrial do Reboredo e as parroquias de Piñeira e Guntín; a LU-P-3201 dá servizo ao barrio da Pinguela e a varias instalacións deportivas como a piscina climatizada municipal, o pavillón de deportes e o campo de fútbol, ademais de comunicar coa parroquia de Piñeira e o núcleo urbano de Sober; e finalmente, a estrada de Rozabales une a parroquia de Vilachá de Salvadur, na Pobra do Brollón, con Monforte.

Os traballos consistiron na limpeza de cunetas, renovación do firme con aglomerado en quente e mellora da sinalización horizontal e vertical. As obras comezaron na rúa Carude, seguida dos traballos na rúa Reboredo e estanse a rematar os labores de pintado na estrada de Rozabales.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...