Homesociedade25.000 euros para axudas ao transporte do alumnado universitario e de ciclos...

25.000 euros para axudas ao transporte do alumnado universitario e de ciclos de formación de Monforte

Para acceder a estas subvencións cómpre estar empadroado no Concello de Monforte e precisar de desprazamentos fóra da cidade para estudar ciclos medio e superior de Formación Profesional, Bacharelato ou estudos universitarios. O prazo de presentación destas axudas rematará o 25 de outubro de 2024.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte habilita unha serie de axudas ao transporte de estudantes universitarios, de bacharelato e de ciclos de formación profesional, que precisen desprazarse fóra da cidade por non existir oferta formativa do ciclo ou bacharelato no concello, ou ter quedado sen praza na oferta local do curso.

Para ter dereito a elas cómpre estar empadroado no Concello de Monforte, e o prazo para solicitalas remata o 25 de outubro deste ano.

O Alcalde, José Tomé Roca, indica que “con esta liña de axudas, que incrementamos en 5.000 euros con respecto ó mesmo período do 2021, e en 11.000€ con respecto ó ano 2020, dende o Equipo de Goberno contribuímos a facilitar os desprazamentos daqueles estudantes monfortinos que cursan estudos fora do noso concello, ben sexa no ámbito universitario, ben noutro tipo de disciplinas que non se ofertan na nosa cidade. O noso compromiso coas políticas sociais é firme, e neste caso, somos conscientes das necesidades que os nosos estudantes teñen á hora de desprazarse fora dos seus fogares e da súa cidade”.

Deste xeito, o Equipo de Goberno do Concello fixou a contía destas axudas en 25.000 €, para os gastos de transporte do curso 2024/2025, en concreto, do período establecido entre setembro do 2024 e ata xullo do 2025.

BASES E SOLICITUDES

As bases que detallan beneficiarios e requisitos para acceder ás axudas están na páxina web do Concello de Monforte, e nos anexos ás mesmas están os impresos necesarios para solicitalas.

ÚLTIMAS

Cuarta xornada de folga nas residencias privadas de maiores e centros de día

Como nas xornadas anteriores, desde a CIG informan que a folga estivo marcada polos...

Convenio de colaboración entre o Xeoparque Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

O Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos...

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...