HomesociedadeAs rutas fluviais da Deputación acaban setembro con 54.000 viaxeiros

As rutas fluviais da Deputación acaban setembro con 54.000 viaxeiros

García Porto detallou que hai feitas preto de 4.000 reservas ata finais de ano, polo que a tempada pechará na ponte de decembro cunhas cifras que previsiblemente superarán os 60.000 viaxeiros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Finalizado o mes de setembro, 54.380 persoas percorreron as rutas fluviais da Deputación no que vai de temporada. Así o informou este venres a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, quen valorou que “son cifras para estar orgullosos, porque este servizo público é un reclamo turístico para a Ribeira Sacra e un importante revulsivo económico para a zona, o que favorece o modelo de turismo sostible, de calidade e baseado nas experiencias que defendemos desde a institución provincial”. As persoas interesadas en facer estas rutas ata a ponte de decembro poden formalizar a súa reserva na páxina web: https://reservas.rutasembalses.es/.

A temporada de verán pecha este ano con cifras lixeiramente por riba das do ano pasado, cando 51.952 persoas desfrutaron da experiencia das rutas fluviais que a institución provincial ofrece desde os embarcadoiros de Belesar e Ponte do Sil; o que supón un incremento de preto do 5%.

Entre os viaxeiros, o 78% visitaban por primeira vez a Ribeira Sacra, “polo que podemos dicir que este servizo ten moi boa consideración entre os turistas que veñen de fóra”. “Nese sentido, esta temporada detectamos un incremento do número de turistas europeos, que xa son preto do 20%, unha cifra que reflicte o crecemento da proxección internacional que vai adquirindo esta experiencia que ofrecemos”.

Segundo os datos do Servizo de Turismo da Deputación, atendendo ás enquisas de satisfacción realizadas polas persoas usuarias, os turistas que utilizan este servizo son na súa maioría, case o 80%, vén de España, dos que preto do 20% son galegos e galegas. Por comunidades autónomas: Madrid (25,5%), Galicia (18,3%), Cataluña (11,4%), Euskadi (11,3%) e Andalucía (10,5%).

Nun 55% dos casos, a ruta en catamarán é considerada a actividade principal dunha viaxe onde o 76,3% tamén visitou miradoiros, mosteiros (o 60,2% dos viaxeiros), vilas e pobos (59,4%) e adegas e ribeiras (37,5%). A duración media da estadía é de dous a tres días, e o 61,2% dos viaxeiros sinalaron que se aloxaron en establecementos de concellos da comarca, sendo o municipio máis escollido Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

“A Casa de Galicia. 50 anos da casa de Rosalía”, exposición a pé de rúa en Monforte

A deputada de Cultura Iria Castro, acompañada pola tenente de Alcalde, Gloria Prada; o...

Manifestación a favor de Palestina este 6 se outubro en Santiago de Compostela

Desde Mar de Lumes fan un chamamento a toda a sociedade para esixir a...

A Comisaría da Policía Nacional de Monforte estará en funcionamento no 2026 segundo informou o alcalde na festividade dos Santos Anxos Custodios

O rexedor monfortino presidiu os actos litúrxicos e institucionais da festividade da Policía Nacional...

A exposición “Viaxe interior de Pedra e Auga” inaugúrase este venres en Chantada cunha homenaxe á Ribeira Sacra do Miño

O fotógrafo galego, Xaime Cortizo, con longa traxectoria na fotografía e na comunicación visual,...