O sorteo de prazas celebrarase o luns, 7 de outubro, ás 13:30h no salón de actos do Centro Cívico-Social, no Paseo do Malecón s/n.
O procedemento a seguir no sorteo prazas será o seguinte:
- Realizarase o sorteo da adxudicación da praza reservada a persoas con discapacidade na actividade correspondente.
- Unha vez adxudicada a praza e no caso de existir mais solicitantes con discapacidade incluiranse no sorteo xeral de prazas ordinarias.
- Adxudicadas as prazas dispoñibles confeccionarase unha lista de agarda coas persoas non obtiveron praza que poderán ser chamadas cando haxa prazas vacantes por baixas das persoas participantes.
Tras o sorteo procederase a publicar na páxina web e nas redes sociais do Concello, así coma no taboleiro dos Servizos Sociais a listaxe de persoas con praza adxudicada e en lista de agarda así como as actividades con prazas dispoñibles. A previsión é publicar ditas listaxes o vindeiro martes, 8 de outubro, a última hora da mañá.
As actividades que irán a sorteo son as seguintes:
- Ximnasia de mantemento 1
- Ximnasia de mantemento 2
- Ioga 1
- Ioga 2
- Taichi
- Costura básica iniciación
- Manualidades 1
- Cerámica 2
- Conservando a memoria 1
- Conservando a memoria 2
- Conservando a memoria 3
- Competencias dixitais iniciación
- Competencias dixitais intermedio
- Bailes de salón iniciación
- Bailes caribeños intermedio
No suposto de que non se cubran as prazas ofertadas nalgunha das actividades, abrirase un prazo extraordinario ata completar as prazas nesas actividades. Tendo en conta que existen prazas vacantes nalgunhas das actividades ofertadas procederase a abrir o prazo extraordinario de solicitudes do 14/10/2024 ó 18/10/2024.
Na asignación de prazas terase en conta a orde de entrada no Rexistro así como os seguintes criterios de prelación:
- Solicitantes en lista de agarda, logo da celebración do sorteo de prazas de actividades con máis demanda que oferta de prazas.
- Novas solicitudes de participación por persoas que non solicitaran no prazo ordinario.
- Solicitantes con praza concedida no prazo ordinario (segunda actividade).
As actividades do Programa Activa comezarán o 14 de outubro, e estenderanse ata o 12 de xuño, cun total de 9 meses de actividade, ofertándose un total de 559 prazas, que son 26 prazas máis que en 2023-24. Como en anos anteriores, todas as actividades son gratuítas para os veciños e veciñas de Monforte, e están subvencionadas ao 100% polo Concello de Monforte.