HomesociedadeToma de posesión de dous novos policías municipais do Concello de Monforte

Toma de posesión de dous novos policías municipais do Concello de Monforte

Os dous novos axentes da Policía Local de Monforte son César Otero Teira, natural da Coruña e Martín Vázquez López, natural de Lugo. Deste xeito, xa ocupan a súa praza no Concello de Monforte, encadradas na escala de Administración Especial, escala básica, na categoría de axente de Policía Local, grupo C1.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presidiu este luns a toma de posesión, coma funcionarios de carreira, de dous novos policías municipais da cidade do Cabe, que pasan a pertencer ó cadro de persoal do Concello de Monforte de Lemos.

Os dous novos axentes incorpóranse este luns ó traballo dentro da Policía Local, logo de ter superado o correspondente proceso formativo na Academia Galega de Seguridade Pública, que iniciaron o 1 de febreiro e que remataron o 9 de outubro do presente ano 2024.

Acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Secretario do Concello, José Mourelle Cillero, e o Inspector xefe da Policía Local, Miguel Martínez, o Alcalde aproveitou tamén este acto de toma de posesión para departir cos dous novos axentes sobre o funcionamento do corpo da Policía Local e outros aspectos relacionados coas súas funcións na cidade e no conxunto do Concello. E tamén lles desexou moita sorte nesta nova etapa que comezan ó servizo dos cidadáns de Monforte.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...