Homesociedade'Quimedo V': Máis de 1000 persoas inscritas

‘Quimedo V’: Máis de 1000 persoas inscritas

A cita co terror en Quiroga promete ser este ano máis terrorífica, máis divertida e máis festeira ca nunca, segundo advirten dende a organización. O prazo para inscribirse remata o vindeiro 24 de outubro e o evento será o sábado 26.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cita co terror en Quiroga, o xa coñecido Qui-Medo, supera xa os 1000 inscritos a poucos días de pechar o prazo para poder participar. A nova edición deste terrorífico roteiro por Quiroga celebrarase o 26 de outubro e promete máis medo, terror e diversión, pero sobre todo un evento único, algo que xa comezou a vivirse nas pasadas edicións.

Todos os atrevidos e atrevidas que participen nesta 5ª edición percorrerán unha ruta que os levará por nove terroríficas casas dentro do casco urbano de Quiroga, unha máis que na pasada edición. Dentro destas casas moitos voluntarios e moitas volutarias, debidamente caracterizados para a ocasión, terán unha misión: poñerlle medo, moito medo, a todas aquelas persoas que se atrevan a entrar.

Os organizadores xa comezaron a anunciar nas redes sociais o nome das casas para irse facendo unha idea do que se pode atopar dentro. A primeira das casas será A Pirámide, unha casa na que se entrará na cámara funeraria da gran pirámide para descubrir se o faraón segue vivo.

A segunda das casas dada a coñecer terá unha localización inédita. Na “Xungla” os animais rebélanse ante a deforestación que está a sufrir o seu hábitat por culpa dos humanos.

A terceira das casas leva por nome “O barco pirata”. Hai moitos séculos uns piratas pagaron coa súa vida o feito de atopar un tesouro. Dende entón custodian o seu barco e o seu tesouro sen deixar que ninguén se achegue.

A cuarta casa, última das dadas a coñecer ata o momento, tamén cunha localización inédita, é a “Apocalipse zombi”, onde a policía tenta deter a rebelión dos presos zombis… E ata aquí o avance que fan os organizadores para manter a intriga ata case o mesmo día da gran noite do terror de Quiroga…

Atentas e atentos, logo, ás redes sociais do Quimedo para ir coñecendo o resto de casas que conforman esta terrorífica edición.

ÚLTIMAS

Agroma Sober leva a pleno o “estado lamentable” da vía do tren entre Areas e Santo Estevo

A vía abriu ao tráfico en novembro de 2024, pero os restos do material...

Ata o 7 de novembro pódense solicitar as axudas ao transporte do alumnado universitario e de ciclos formativos de Monforte

As axudas están dirixidas a cubrir os gastos de transporte público do alumnado universitario...

O CC Ponte Vella de Ourense celebra o seu 24º aniversario

Durante dúas semanas, visitantes, familias e amigos poderán gozar de talleres, exposicións, xogos, espectáculos...

O PP pídelle á Deputación reparto igualitario dos fondos

No documento que se elaborará coas achegas que realicen os representantes do PP de...