Homesociedade'Bravú XXX', o documental que invoca o movemento bravú, estréase en Chantada

‘Bravú XXX’, o documental que invoca o movemento bravú, estréase en Chantada

Será o vindeiro 25 de outubro no Auditorio Municipal de Chantada ás 20:00 h. Haberá tamén un coloquio con Xurxo Souto, líder dos Diplomáticos de Monte Alto, e Juan Camilo Gómez, máis coñecido como Richi, cofundador do festival Castañazo e integrante do grupo Os Rastreros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O movemento Bravú fai 30 anos. E, para conmemoralo presentarase BRAVÚ XXX, un filme documental realizado por Nós Televisión, no que Xurxo Souto invoca o mundo bravú trinta anos despois do nacemento deste movemento. 

Non é casual que Chantada sexa o concello de estrea do filme documental que conmemora os trinta anos do movemento bravú. Os Rastreros xunto cos Diplomáticos de Monte Alto compartiron cartel na primeira edición do Castañazo Rock e, a partir de aí, xurdiu a idea de cuntarse todos os grupos de rock en galego que comezaban a agromar polo país.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Quiroga celebra este 25 de outubro o QuiMedo con 8 casas do terror

A cita do terror pechou o prazo de inscricións unha vez se acadaron os 1.200...

Arrinque exitoso de inscricións no Quiroga Trail Challenge 2026

O pasado 13 de outubro abríronse as inscricións para unha nova edición do Quiroga...

A entidade AGORA presenta a reforma do aseo do seu Centro de Atención Diurna

Co fin de  mellorar as súas instalacións e que as mesmas sexan un referente...

O PP de Monforte presenta unha moción para mellorar a seguridade da estrada provincial en Piñeira

A voceira popular, Katy Varela, explica que os traballos realizados non contemplaron o aumento...