HomesociedadeO Concello de Chantada amplía o Arquivo Municipal acondicionando o edificio da...

O Concello de Chantada amplía o Arquivo Municipal acondicionando o edificio da cámara agraria

O Concello de Chantada decidiu ampliar o servizo de Arquivo Municipal habilitando o edificio da antiga cámara agraria. Recupérase así unha instalación do casco antigo da vila ao tempo que o servizo de arquivo se fai máis operativo por proximidade coa Casa Consistorial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Deste modo auméntanse espazos para o arquivo do que dispón o Concello nos baixos do Telecentro. As novas dependencias da antiga cámara agraria posibilitan un servizo máis funcional.

“Recuperamos este edificio que forma parte do casco histórico e estaba en desuso desde que deixou de funcionar a cámara agraria. Saneáronse paredes, nas fachadas aplicouse un tratamento monocapa de acordo coa guía de cores da Xunta de Galicia, eliminouse o fibrocemento, repuxéronse uralitas e colocáronse novas tellas curvas, dándolle unha imaxe máis acorde coa contorna”, explica o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

Cámara agraria de Chantada / Concello de Chantada

A obra fíxose cunha subvención da Xunta de Galicia para a corrección de impactos paisaxísticos, de modo que para un orzamento total de 34.000€, subvenciónanse 20.000€.

O Concello de Chantada leva tres anos accedendo a estas subvencións a través doutra liña que permitiu mellorar o acondicionamento dos lavadoiros de Zaquín e da Portada en Santo Estevo. Este ano na mesma liña de impactos paisaxísticos arranxouse a fonte de Caíbe e con outra liña da subvención acondicionouse o edificio para Arquivo Municipal.

Cámara agraria de Chantada / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

O territorio do Lor e o Xeoparque Montañas do Courel confírmanse como referencia para o trail running a nivel nacional

A XII edición do Quiroga Trail Challenge vén de rematar cun gran éxito de...

Sober presenta o cartel da Feira do Viño e a programación do Mes do Amandi

O deseño que anuncia a Feira do Viño de Amandi presentouse no miradoiro de...

211.000€ na mellora da eficiencia enerxética de espazos públicos en Carballedo

A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes investiu 211.000 euros en diversas actuacións no...

O PP esixe do Goberno do Estado unha intervención “integral e inmediata” na N-120

Os deputados populares denuncian que esta vía, esencial para a comunicación entre Lugo e...