HomesociedadeO 9 de novembro Monforte celebra o Mercado de Outono na Praza...

O 9 de novembro Monforte celebra o Mercado de Outono na Praza de Abastos

Este mercado de produtos naturais e típicos de outono abrirá as súas portas o sábado 9 de novembro de 10 a 14 horas, e tamén pola tarde, de 17:00 a 22:00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Mercado, que terá horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 22:00, combinará a comercialización de produtos de tempada de outono cunha completa xornada de lecer e diversión, con actividades ó longo de toda a xornada. Así, no espazo dos Mercados da Praza de Abastos, será posible adquirir produtos de tempada, produtos gastronómicos de outono: castañas, cogomelos, noces ou mel así como os produtos elaborados cós mesmos: doces, marmelos ou licores ademais de embutidos e queixos galegos, xabóns, cosmética natural e artigos únicos como lámpadas de cabazas. Os postos de venda teñen o prazo aberto ata o día 4 de novembro para solicitar a participación no mercado.

O Alcalde destaca que “con esta actividade contribuímos a poñer en valor os produtos típicos do outono. Por outra parte, potenciamos o comercio local e de proximidade, axudando a dinamizar e crear atractivos comerciais. E tamén dinamizamos os espazos comerciais da nosa Praza de Abastos”.

Axenda do 9 de novembro

  • 12:00 a 13:30 h.- Obradoiro de decoración de cabazas e estampados do outono para nenos e nenas.
  • 17:00 a 18:30 h.- Pintacaras tenebroso.
  • 18:00 a 19:00 h.- Contacontos de medo que dan risa, coa narradora, Ángeles Goás titulado “Caldo con unto e ósos de defunto”.
  • 19:00 a 20:30 h.- Showcooking Otoñal. Límite de prazas: 90, sen límite de idade, e poderán participar nenos e nenas, acompañados dun adulto.
  • 20:30 a 22:00 h.- Degustacións de produtos de outono e viños da Ribeira Sacra acompañados de música en directo,  co Concerto acústico do grupo monfortino Segunda Parte.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...