HomesociedadeSegredos de Pantón sae na 'procura de cogomelos'

Segredos de Pantón sae na ‘procura de cogomelos’

A actividade será o vindeiro sábado 9 de novembro e está aberta a 30 persoas.

Publicado o

POR
Segredos de Pantón
- Advertisement -

A asociación cultural Segredos de Pantón organiza unha interesante actividade para os amantes da estación de outono e dos cogomelos.

O vindeiro sábado 9 de novembro farán un percorrido entre as carballeiras e devesas do Concello de Pantón para tentar a topar diferentes clases de cogomelos e coñecer todas a cada unha das variedades que se recollan. Todo isto baixo a dirección de Urbano, un veciño de Guítara. O punto de encontro para ese día será a Igrexa de Següín ás 10:00 h.

Segundo explican da organización, a actividade custa 2 euros e haberá 30 prazas. Respectaráse a orde de incrición e será necesario pagar o custo da actividade por adiantado para poder inscribirse nesta, e en caso de non poder acudir estes cartos non serán devoltos.

Para reservar recoméndase facelo no teléfono 662 669 223, o correo electrónico segredosdepanton@gmail.com, ou a través da mensaxería das redes sociais: Instagram e Facebook.

ÚLTIMAS

‘Xornadas Lactouras’: achegamento á micoloxía desde diferentes perspectivas

Conta atrás para as 'Xornadas Lactouras', un ciclo de actividades arredor da micoloxía que...

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...