HomesociedadeO coñecido 'motivador' Emilio Duró estará en Monforte

O coñecido ‘motivador’ Emilio Duró estará en Monforte

Estará o vindeiro 12 de novembro no Edificio Multiusos de Monforte de Lemos dentro dun evento que organiza o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ribeira Sacra-Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ribeira Sacra-Courel presenta un evento que ten como obxectivo de inspirar e motivar a empresarios, emprendedores, mozos, asociacións e veciños do territorio. Trátase dunha ponencia especial, a cargo do recoñecido experto en motivación e enfoque positivo, Emilio Duró, quen abordará temas de actitude, cooperación e resiliencia para enfrontar os desafíos que marcan a realidade do territorio do GDR Ribeira Sacra-Courel.

O evento, titulado “O territorio do GDR Ribeira Sacra-Courel motívase”, será o martes 12 de novembro ás 20:00 h. no Edificio Multiusos de Monforte, e require de inscrición previa a través dun formulario. Nace como unha oportunidade para fortalecer o compromiso colectivo cara ao desenvolvemento sostible, resaltando a importancia da colaboración e da adaptación ante os retos actuais, como a crise do sector vitivinícola. Con este encontro, o GDR Ribeira Sacra-Courel aspira a espertar na comunidade un cambio de actitude que potencie o traballo conxunto, recoñecendo o potencial do territorio e preparándoo para enfrontar novos desafíos.

Ademais, segundo explican fontes do GDR, esta conferencia chega nun importante momento que coincide coa chegada do novo período Leader 2023-2027, agardando que a comunidade atope novas oportunidades de crecemento e desenvolvemento. A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade representa unha destas grandes oportunidades, do mesmo xeito que no seu día foi o recoñecemento do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...