HomeDeportesMonforte acollerá en menos dun ano o Campionato de España de Federacións...

Monforte acollerá en menos dun ano o Campionato de España de Federacións Autonómicas de Pitch & Putt de Golf

O campo monfortino do Club de Golf Río Cabe acaba de ser designado sede do Campionato de España de Federacións Autonómicas de Pitch&Putt 2025,  pola Real Federación Española de Golf. Esta competición de Seleccións Autonómicas, é a competición máis vistosa e emocionante do calendario nacional que organiza a Federación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os días 3, 4 e 5 de outubro de 2025, dentro de 11 meses, 16 seleccións autonómicas disputarán en Monforte de Lemos o título de Campioa de España. En concreto, as seleccións participantes serán: Castela e León, Galicia, Asturias, Baleares, Andalucía, Cantabria, Castela A Mancha, Navarra, Canarias, Aragón, A Rioxa, País Vasco, Madrid, Comunidade Valenciana, Murcia e Estremadura. Son seleccións de 4 xogadores, máis un capitán e un adestrador, polo serán arredor de 100 os deportistas participantes, os que haberá que engadir familiares e amigos.

Ó igual que ocorreu co Campionato de España individual masculino de Pitch&Putt, que se  celebrou no pasado mes de maio en Monforte, e que foi todo un éxito, a cidade novamente volverá a contar en outubro de 2025 cos mellores golfistas do país nesta disciplina, o cal terá unha repercusión deportiva importante.

O Campionato xerará un importante impacto no noso sector hoteleiro e de restauración, “unha ocasión excepcional para dar a coñecer o valor turístico, patrimonial e gastronómico da nosa zona. Sen dúbida, será un bo reclamo promocional para todo o sur da nosa provincia”, concluíu José Tomé.

Pola súa banda, o presidente do Club de Golf Río Cabe, José Ángel Pérez Reñones, agradeceu o apoio do Concello, e puxo en valor o traballo levado a cabo polo Alcalde hai uns anos que “permitiu a ampliación do campo a 18 foxos, o cal nos permite albergar esta competición que é de máximo nivel, e que fai que a Federación Española de Golf aposte por Monforte, con 3 competicións nacionais en 4 anos”.

Campionato

O hotel de concentración das Seleccións será o Parador de Turismo de Monforte de Lemos, que xa foi totalmente bloqueado para esa primeira fin de semana de outubro de 2025.

O venres, 3 de outubro, realizarase a xornada de adestramentos oficiais e ás 20:00 h terá lugar a reunión de capitáns no hotel de concentración. Posteriormente, ás 21:30 h o Parador de Monforte aloxará a cea oficial de benvida e a presentación dos 16 equipos.

O sábado, 4 de outubro, disputaranse dous roldas eliminatorias: Cuartos de final e semifinais. O domingo, 5 de outubro, xogaranse as roldas de consolación e as Finais. A continuación no campo de Río Cabe será a cerimonia de entrega de premios.

ÚLTIMAS

Daveiga, dende o 2005 apostando polo desenvolvemento da contorna máis próxima

Lugar da Veiga S.L.L. nace no 2005 aínda que o proxecto levaba varios anos madurando...

O 12 de abril comeza un programa piloto para visitar as igrexas da Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra coa maior concentración de arte románico rural de Europa é un...

A D.O. Ribeira Sacra no Salón Gourmets de Madrid do 7 ao 10 de abril

O Salón Gourmets, na súa 38ª edición, consolídase como o evento europeo de referencia...

“Coreografías do facer: imaxes do traballo feminino en Gustav Henningsen”, a exposición na igrexa nova de Chantada

A igrexa nova de Chantada acolle ata o 20 de abril a exposición "Coreografías...