HomesociedadeMonforte celebra o seu exitoso Mercado de Outono cun concerto e unha...

Monforte celebra o seu exitoso Mercado de Outono cun concerto e unha degustación gastronímica

No peche, no que os asistentes gozaron de petiscos, viño da Ribeira Sacra e música en directo, estiveron o alcalde, José Tomé Roca; a Tenente de Alcalde, Gloria Prada; e os concelleiros e concelleiras de Cultura, Marina Doutón; Muller e Igualdade, Margarita López,; así como a técnica de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello, Trinidad López.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O peche do Mercado de Outono tivo lugar o sábado a partir das 8 e media da tarde e fíxoo cunha degustación de produtos de outono e viños da Ribeira Sacra acompañados de música en directo, co concerto acústico do grupo monfortino Segunda Parte. Esta actividade encheu de público o espazo dos Mercados da Praza de Abastos, e supuxo un exitoso colofón a toda a xornada.

O Mercado de Outono, organizado polo Concello de Monforte, contou con afluencia constante de público ao longo de todo o día, que puido adquirir produtos de outono ofertados finalmente por 15 postos de venta directa. Eses priodutos foron castañas, cogomelos, noces, mel, viños… así como outros elaborados cos mesmos: doces, marmelos, licores….. e tamén se puideron mercar embutidos e queixos galegos, xabóns, cosmética natural ou artigos únicos como lámpadas de cabazas ou bixutería e complementos.

A organización amosa a súa satisfacción tamén porque todas as actividades do programa completaron o seu número de prazas. Dende o Obradoiro de decoración de cabazas e estampados do outono para nenos e nenas, pasando polo Pintacaras tenebroso, e o Contacontos coa narradora Ángeles Goás titulado “Caldo con unto e ósos de defunto”, ata o Showcooking Outonal que repartiu máis de 100 tapas elaboradas con setas, castañas e outros produtos de tempada.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...