HomesociedadeO IES A Pinguela seleccionado polo Ministerio de Educación para un proxecto...

O IES A Pinguela seleccionado polo Ministerio de Educación para un proxecto sobre educación ambiental

O centro de ensino monfortino xa ten participado en edicións anteriores e recibirá unha subvención de 10.800€ para desenvolver o proxecto entre este curso e o vindeiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O IES A PINGUELA de Monforte de Lemos vén de ser seleccionado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional para participar nun proxecto sobre educación ambiental e ecosostibilidade xunto con outros dous centros: o IES Leopoldo Queipo de Melilla e o IES Valle do Segura de Branca (Murcia). Esta acción conta cun financiamento de 10.800 € para cada centro.

Os alumnos de 3° ESO serán os afortunados, o que implica poder realizar dúas mobilidades, a Melilla este curso e outra a Branca, en Murcia. A subvención irá destinada a sufragar as actividades programadas, así como a estancia e manutención do alumnado durante a súa semana de estancia en Melilla e Murcia, respectivamente.

O Proxecto desenvolverase en tres fases, coincidindo cos tres encontros do alumnado e do profesorado dos tres centros participantes:

-Primeiro encontro (marzo-abril de 2025): Viaxe a Melilla (IES LEOPOLDO QUEIPO).

-Segundo (outubro-novembro de 2025): Viaxe a Galicia (IES A PINGUELA, de Monforte de Lemos, Lugo) dos alumnos melillenses e murcianos.

-Terceiro encontro (1º trimestre de 2026): Na última mobilidade os monfortinos visitarán de novo o IES Valle do Segura de Branca (Murcia).

En palabras da dirección do IES A Pinguela, “estamos orgullosos de ser seleccionados para un programa que xa coñecemos por participar en convocatorias anteriores e que ofrece aos alumnos a posibilidade de ampliar horizontes e coñecer outras realidades de España”.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...