HomesociedadeUn viño da Ribeira Sacra, elixido como o mellor viño de España...

Un viño da Ribeira Sacra, elixido como o mellor viño de España na listaxe do crítico James Suckling

Trátase do viño 'Guímaro Mencía Ribeira Sacra Finca Meixeman 2022' da soberina Adega Guímaro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O prestixioso crítico internacional James Suckling publicou a súa lista anual dos “Cen mellores viños españois”, e nela aparece o viño Guímaro Mencía Ribeira Sacra Finca Meixeman 2022 –D.O. Ribeira Sacra–, como o mellor viño de España. Nesta listaxe, que cada ano avalía a calidade e singularidade dos viños de diferentes zonas de España, aparecen outros viños deste territorio protexido: F. Algueira Ribeira Sacra Dolio 2020 sitúase no posto número 6 e Guímaro Ribeira Sacra Camiño Real 2022 no 31.

Sobre este viño destácase que “o Guímaro Mencía Ribeira Sacra Finca Meixeman 2022 provén dunha zona coñecida polos seus impresionantes viñedos en terrazas, principalmente situados ao longo das serpenteantes beiras dos ríos Sil, Miño e Cabe. Este viño reflicte á perfección o cambio en España cara a produtos de localización específica, mostrando a facilidade de consumo típica dos viños da Ribeira Sacra e destacando a excepcional calidade da colleita de 2022”.

O presidente do Consello Regulador, Antonio Lombardia, valorou positivamente estes recoñecementos porque “representan un avance na estratexia de internacionalización e de recoñecemento da calidade dos viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra”.

JAMES SUCKLING

A plataforma James Suckling é un dos referentes mundiais na crítica enolóxica, e as súas avaliacións son seguidas tanto por profesionais do sector coma por consumidores de todo o mundo.

En xuño de 2021, Suckling foi nomeado cabaleiro por Francia e recibiu a Orden Nacional del Mérito do Consulado de Francia en Honh Kong. O premio recoñece o seu traballo de toda a vida cos vinos e viñedos franceses.

ÚLTIMAS

O Enterro da Sardiña despide o Entroido en Monforte

O tradicional Enterro da Sardiña puxo este mércores pola tarde o peche ao Entroido...

A Torre da Homenaxe monfortina lembrará o ‘Día Mundial do Colangiocarcinoma’

O Concello de Monforte colabora coa iniciativa da Asociación de Tumores de Vías Biliares...

“Memorias dun neno labrego”, este 19 de febreiro no Multiusos de Monforte

Nova cita co teatro este xoves, 19 de febreiro ás 20.15 horas, no Edificio...

Búscanse figurantes para a serie ‘LOBO’, rodada en parte no Courel e no Incio

Estas pasadas semanas graváronse xa partes da serie LOBO en escenarios do Courel e...