HomesociedadeEfrén Castro convoca ás alcaldías da comarca de Sarria para analizar o...

Efrén Castro convoca ás alcaldías da comarca de Sarria para analizar o impacto do peche do matadoiro

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro convoca ás alcaldías da comarca de Sarria a unha reunión para abordar a situación creada polo peche do matadoiro de Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A reunión, prevista para o mércores, 20 de novembro, ás 11.30 horas, ten como obxectivo analizar de forma conxunta o impacto do peche do matadoiro municipal que empregaban particulares, gandarías e empresas de transformación de toda a comarca, e abordar vías de colaboración a partir do coñecemento e a experiencia de xestión da área de Rural en relación co sector agrogandeiro e alimentario.

A convocatoria extendeuse ás alcaldias de Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Triacastela, O Inicio e Sarria.

O equipo de goberno do concello de Sarria asegura que a súa intención é manter aberto o matadoiro e que o peche actual se debe a reparacións imprescindibles e buscan un cambio no modelo de xestión, “incúmprese a lei, que dispón que a actividade do matadoiro debe recibir por contraprestación un prezo público que debe cubrir o 100% do custe”.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...