HomesociedadePresentación da 'Guía Micolóxica Básica da Provincia de Lugo' en Monforte

Presentación da ‘Guía Micolóxica Básica da Provincia de Lugo’ en Monforte

Será este mércores 20 de novembro ás 20:00 h. no local da Sociedade A Fraternal da cidade do Cabe.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación Micolóxica Os Lactouros comeza as súas Xornadas Micolóxicas anunciando á presentación da Guía Micolóxica Básica da Provincia de Lugo, unha publicación que se dará a coñecer en Monforte en colaboración coa Sociedade Micolóxica Lucus e a librería Entre Libros.

O evento celebrarase este mércores, ás 20:00 horas, na Sociedade Fraternal e durante a presentación os catro autores da guía compartirán detalles sobre a súa elaboración e destacarán a importancia desta obra para o coñecemento e a conservación do patrimonio micolóxico da provincia.

PROGRAMA DAS XORNADAS LACTOUROS

Xoves 21 e venres 22 de novembro: Charlas ás 20:00 horas no Centro do Viño de Monforte de Lemos.

Sábado 23: Saída ao monte para a recolección de cogomelos, seguida dun xantar popular para gozar da gastronomía micolóxica en boa compañía.

Dende a organización informan que estes eventos están dirixidos tanto a expertos como a persoas que desexen iniciarse no apaixonante mundo dos fungos.

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...