HomesociedadeCabazas de perto de 90 quilos en Quiroga

Cabazas de perto de 90 quilos en Quiroga

A RTM de Quiroga deu conta días atrás dun asombroso achádego hortícola na vila de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O outono é época de recolección de diferentes produtos da horta, sendo as cabazas un deles. Cabazas que ultimamente se veñen empregando para a decoración e ambientación no Samaín pero que seguen tendo a súa importancia na economía doméstica en moitos fogares das nosas aldeas.

En Quiroga son aínda moitos os veciños que as sementan pois son moi empregadas para facer purés, para a alimentación dos porcos e para facer certo tipo de embutidos nas matanzas: os chourizos cabaceiros. Aínda que o tamaño dos froitos é moi dispar, no caso desta vila, e segundo refire nas súas redes sociais a Radio Televisión Municipal de Quiroga, hai un veciño que ano tras ano consegue ter magníficos exemplares.

“Jovito Campo González ten a súa horta no casco urbán de Quiroga e esta non é a primeira vez que nos achegamos a ver os seus magníficos exemplares. Este ano conseguiu algún que rolda fácilmente os noventa quilos. O secreto, segundo matizou, está na lúa, no abonado e na rega”, comentan dende este medio de comunicación local.

E engaden “orgulloso da súa colleita, Jovito contounos que estas fermosas cabazas servirán de alimento para os marraus do seu fillo”.

Ademais destes espectaculares exemplares de cabazas, seica este labrego xubilado ten conseguido tamén plantas xigantes de coias.

ÚLTIMAS

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...

Claudia Taboada, actriz con raíces maternas en Quiroga: “É ridiculamente marabilloso ser intérprete”

Falamos con Claudia Taboada, quiroguesa por vía materna e moi ligada a este concello...