HomesociedadeCurso de Monitor de Tempo Libre en Quiroga

Curso de Monitor de Tempo Libre en Quiroga

A casa de cultura de Quiroga acollerá a partir do 21 de decembro un curso de Monitor de Tempo Libre homologado pola Xunta de Galicia. O curso organizado por Lugo Open Factory, en colaboración co Concello de Quiroga, garante prácticas e traballo, como mínimo, na campaña de verán.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O curso conta con 25 prazas e terá 200 horas teóricas e 150 prácticas a desenvolver durante as vacacións de Nadal e en fins de semana dos meses de febreiro e marzo.

O custo da matrícula para os empadroados en Quiroga é de 170 € a pagar en dous prazos. Para os non empadroados a matrícula ascende a 220 €, tamén a pagar en dous prazos.

O Concelleiro de Xuventude, Luis Manuel Arias, incidiu na importancia deste curso, que precisa un mínimo de 20 participantes, e que dá opción a traballar durante o verán en actividades programadas dende o concello e dende outras empresas.

Para máis información ou para formalizar as inscricións deben dirixirse ao WhatsApp 620.78.98.35 ou ao correo electrónico benvida@lugopenfactory.com antes do 15 de decembro.

ÚLTIMAS

San Clodio en festas

Este xoves 30 de outubro xa houbo actividade festeira en San Clodio, empezando ás...

Monforte destina 30.000€ a axudas ao emprendemento

A estas axudas poderán acollerse os autónomos e as pequenas e medianas empresas (PEME)...

Pontón urxe en Sarria a que a Xunta remate o desdobre de Nadela, “que Feijóo comprometera para o 2020”

Pontón visitou este mércores en Sarrria, as instalacións de Galimplant, empresa referente no ámbito...

D.O. Ribeira Sacra, presente na feira Mediterránea Gastrónoma de Valencia

Gastrónoma é un dos principais puntos de encontro do sector da gastronomía e da...