HomesociedadeCoordinación entre concellos para mellorar a recollida de residuos

Coordinación entre concellos para mellorar a recollida de residuos

Os concellos de Taboada, Antas de Ulla, Monterroso, Guntín, Palas de Rei e Portomarín reuníronse en Monterroso co obxectivo de dar unha resposta global aos novos retos nos diferentes servizos de tratamento de residuos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras varias xornadas de traballo, nos diferentes concellos adoptaranse medidas conxuntas para dar resposta ás novas necesidades do servizo. Manteranse as actuais taxas de recollida de cada concello e farase un enfoque conxunto da nova taxa de eliminación de residuos, que será similar en todos eles.

Os alcaldes e alcaldesa buscan as solucións económicas máis ventaxosas para os veciños, garantindo a viabilidade do servizo e a efectiva prestación do mesmo, tratando de trasladar a mínima repercusión ao recibo final dos usuarios.

As diferentes corporacións abordarán nos seus respectivos plenos as modificacións nas ordenanzas municipais de cara o ano 2025. Os concellos tamén abordan a posibilidade de acometer melloras e servizos de forma conxunta en ámbitos como a reciclaxe e a selección de residuos.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...