HomesociedadeCo remate do tramo Monforte-Ourense, Renfe recupera o Alvia Lugo-Madrid sen transbordos

Co remate do tramo Monforte-Ourense, Renfe recupera o Alvia Lugo-Madrid sen transbordos

Renfe recuperará a partir do 17 de decembro o Alvia Lugo-Madrid sen transbordos por estrada, unha vez Adif finalizou as obras de renovación da infraestrutura entre Ourense e Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ata ese momento, a compañía prestou este servizo por estrada entre Ourense e Lugo para facilitar a mobilidade dos viaxeiros, e mentres o persoal de condución habilítase para poder circular por esta vía renovada, tal e como esixe o regulamento de seguridade.

A compañía vai restablecer os diferentes servizos sen transbordos neste tramo dunha forma progresiva, atendendo á necesaria habilitación do persoal de condución, que a pasada semana empezou a formación para habilitarse e poder circular pola renovada infraestrutura.

O 25 de novembro os trens Alvia transversais Barcelona–A Coruña recuperarán o servizo habitual sen transbordos. E desde o 15 de decembro volverán circular sen plan alternativo por estrada a Media Distancia A Coruña-Ourense, Vigo-Ourense-Ponferrada, Ourense-Ponferrada e Ourense Lugo. O día 17 fará o seu o Alvia Lugo-Madrid.

Billetes á venda

Tras estas modificacións do servizo, Renfe abre a venda de billetes en todas as súas canles para viaxar no corredor Galicia-Madrid máis aló do 15 de decembro e ata o 23 de xaneiro de 2025. Coa nova ampliación da oferta de billetes, Renfe facilita aos clientes programar as viaxes previstas para o período do Nadal.

ÚLTIMAS

Moito público e gran participación no Desfile de Martes de Entroido monfortino

Con máis de 1.300 participantes no Desfile de Comparsas e Disfraces e as rúas...

O Oso de Salcedo volveu facer das súas este luns

Arias felicitou á veciñanza de Salcedo polo seu traballo para preservar "un dos Entroidos...

1.300 inscritos na XII edición do Quiroga Trail Challenge

Pechadas xa as inscricións unhas horas antes da data límite por prazas esgotadas destácase...

‘Amandi. Un viño de cine’ anunciará a cita de Sober

O xurado, formado por técnicos municipais, elixiu entre unha vintena de propostas chegadas de...