HomesociedadeMonforte dálle a benvida ao Nadal cun 'acendido de luces' moi concorrido

Monforte dálle a benvida ao Nadal cun ‘acendido de luces’ moi concorrido

Foi este xoves 5 de decembro na Rúa Cardeal e a carón da gran árbore de luces led que este ano alcanza os 20 metros de alto. O Alcalde, José Tomé, acompañado de concelleiros/as do equipo de goberno, estiveron arroupados por centos de persoas e a música da batucada Baturruka.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ás 18:30 horas deste xoves 5 de decembro, o Alcalde de Monforte, acompañado por varios Concelleiros e Concelleiras do Equipo de Goberno, procedía ao acendido oficial da iluminación de Nadal do concello.

Fíxoo premendo o botón característico destes eventos cada ano máis presentes no preludio das Festas de Nadal e diante dun gran cono de 20 metros de altura e 6 de diámetro que simboliza unha árbore de Nadal no comezo da céntrica Rúa do Cardeal. En palabras de José Tomé, referíndose á devandita árbore, “con ela queremos transmitir unha nova esperanza, para que a xente poida facerse fotos no seu interior e para inxectar ilusión e alegría nas persoas que viven ou que visitan Monforte”.

O momento do acendido estivo moi concorrido, con centos de persoas presentes, destacando entre elas moita cativada entusiasmada e o grupo monfortino de batucada Baturruka que quixo participar deste encontro desinteresadamente. Prendidas as luces oficialmente onde a árbore, a comitiva e toda a xente acompañante desprazáronse dende a rúa do Cardeal ata a Praza de España, onde está situada unha vistosa Estrela de Nadal.

A batukada Baturruka e público en xeral camiñando cara a Praza España. Foto: Prensa Concello de Monforte.
Alcalde e concelleiros/as do equipo de Goberno onde a Estrela luminosa da Praza España. Foto: Prensa Concello de Monforte.

O Executivo de José Tomé investiu no alumeado de Nadal deste ano 57.000 €, sendo o maior investimento na historia de Monforte, 5.000€ máis que en 2023, o que significa case un 10% de incremento.

O Alcalde resalta que “dende o Concello potenciamos o alumeado de Nadal para impulsar o comercio e a hostalería, que son piares básicos da nosa economía. Deste xeito, alcanzamos os 1,2 millóns de luces Led neste Nadal, e incrementamos o número de arcos colocados, ata os 264 arcos, distribuídos en 66 rúas da cidade, unha máis que o ano pasado. A maiores das rúas devanditas están iluminadas a Torre da Homenaxe, a Praza de España, o Campo de San Antonio, a Praza de Carude, a Praza dos Chaos, a Praza da Estación, e 7 arcos de “Bo Nadal” que se ubican nas entradas á cidade de Monforte.

O alumeado funcionará ata o luns 6 de xaneiro de 2025, día de Reis. O horario de acendido será de 18:30 a 2 da madrugada.

ÚLTIMAS

Moito público e gran participación no Desfile de Martes de Entroido monfortino

Con máis de 1.300 participantes no Desfile de Comparsas e Disfraces e as rúas...

O Oso de Salcedo volveu facer das súas este luns

Arias felicitou á veciñanza de Salcedo polo seu traballo para preservar "un dos Entroidos...

1.300 inscritos na XII edición do Quiroga Trail Challenge

Pechadas xa as inscricións unhas horas antes da data límite por prazas esgotadas destácase...

‘Amandi. Un viño de cine’ anunciará a cita de Sober

O xurado, formado por técnicos municipais, elixiu entre unha vintena de propostas chegadas de...