HomesociedadeUnha nova edición do 'Concurso fotográfico de Nadal' de Segredos de Pantón

Unha nova edición do ‘Concurso fotográfico de Nadal’ de Segredos de Pantón

A asociación dinamizadora do Concello de Pantón vén de anunciar as bases do seu certame que alcanza a VII edición. Haberá premio para as 3 mellores fotografías, agasallos que se conseguen grazas á colaboración desinteresada de comercios e empresas locais.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O pasado 2 de decembro comezaba o prazo para presentarse ao ‘VII Concurso fotográfico de Nadal’ que convoca a asociación Segredos de Pantón. O prazo para presentar obras fotográficas remata o 31 de decembro e dende ese día ata o 6 de xaneiro de 2025 a xente poderá votar a través dun formulario de Google.

En canto á tematica, esta é libre e as fotografías deben de reflectir paisaxes outonais e invernais de Pantón de calquera sempre que se contextualicen no Concello de Pantón. Poderá participar calquera persoa amante de Pantón e da fotografía, e no caso dos menores deberán ter unha autorización dos seus titores legais.

Cada participante poderá enviar só unha imaxe en cor, que deberá de ser autoría súa e que non fora premiada con anterioridade. De non ser así quedaría automaticamente descualificada ao sabelo e poderá retirarárselle o premio se o tivera acadado. Tampouco se admitirán fotografías pintadas ou manipuladas, montaxes, nin collages.

PRESENTACIÓN DAS OBRAS

As fotografías enviaranse, indicando o título da obra, o lugar e o nome da parroquia onde se sacraon, por algún dos seguintes medios:

Correo electrónico: segredosdepanton@gmail.com

Teléfono (WhatsApp): 662 669 223

O prazo para o envío das imaxes comezou o día 2 de decembro de 2024 e rematará o 31 de decembro. Logo o día 6 de xaneiro ás 17:00 horas rematará o prazo de votación.

XURADO E PREMIOS

O xurado será a propia xente que vote no Formulario de Google para que todo o mundo cunha conta de correo electrónico poida votar. As 3 instantáneas con máis votos serán as agraciadas. De ter un empate serán os membros da Asociación Cultural Segredos de Pantón que desempatarán.

PREMIOS

1º Premio: Unha noite para 2 persoas no “Fogar do Pumar”, 1 paseo en zodiac para 2 persoas. de “Turismo Pantón”, lote de viño “Consorcio de Turismo Ribeira Sacra”, 1 lote de produtos de “Casa da Fonte”, lote de viño de “Finca Míllara”, un gorro de “Asesoría O Castro”, un chaleco térmico de “Rosal Moda”, 2 botellas de “Adega Sernande”, un tensiómetro de “Farmacia Sánchez Pérez-Mel”, funda de libro de tela de “Mollies” e lote de libros do “Concello de Pantón”.

2º Premio: Comida para 2 persoas na “Rectoral de Castillón”, 1 pixama de “Rosal Moda”, 1 botella de “Alma das Donas”, 1 botella de “Adega Sernande”, unha bufanda de “Asesoría O Castro”, 1 bote de mel de “Mel da Caseira”, unha maleta de “Arribeirados”, un vale para un xogo para 6 persoas en “El secreto del Monje”, un lote de produtos de “Cachenas de Pantón”, 1 clase de pintura ao óleo de “AKA Studio” , lote de viño “Consorcio de Turismo Ribeira Sacra”, lote de viño de “Finca Míllara” e 3 libros de “Vanusum”.

3º Premio: Neceser de “Teresa Lamela”, lote de viño de “Finca Míllara”, chaleco térmico de “Rosal Moda”, lote de cremas de “Farmacia Marta Pereira Delgado”, par de luvas de “Asesoría O Castro”, 1 botella de “Alma das Donas”, lote de viño “Consorcio de Turismo Ribeira Sacra”, 1 bote de mel de “Mel da Caseira”, 1 libro de “Estudio Gnomo”, unha consulta de nutricionista de “Jesús Sánchez”, lote de produtos apícolas” de “Mel O Garuleiro”, 1 clase de pintura ao óleo de “AKA Studio”, un xogo de toallas do “Supermercado Maribel” e un corte de pelo “Salón de peiteado Mª Carmen”.

ÚLTIMAS

A conselleira do Medio Rural visita a Ecogranxa Teijeiro no Incio onde destaca o dinamismo do agro galego

A conselleira, acompañada polo alcalde da localidade, Héctor Corujo, e polo delegado territorial da...

Os galegos gastarán 85,10€ de media nestas rebaixas

As rebaixas de xaneiro xerarán máis de 10.300 contratos en Galicia, un 23,7% máis...

Gran comezo dos atletas da Gándara no galego de Cross

Iker Fernández Codesido logrou o 4 de xaneiro no circuito de O Aguillón de...

Eduardo Iglesias supera a segunda parte do formato 48h chrono no Dakar 2025

Aínda que a xornada do sábado presentou complicacións, o piloto galego logrou recuperarse e...