HomeDeportesO Campo Municipal de Fútbol do Sangoñedo, un espazo sen fume para...

O Campo Municipal de Fútbol do Sangoñedo, un espazo sen fume para previr o cancro

O Concello de Chantada e a Asociación Española contra o Cancro en Lugo a través dos seus respectivos representantes, Manuel Lorenzo Varela como alcalde e María Luz Abella García como presidenta, veñen de asinar un acordo para desenvolver no concello o proxecto “Espazos sen fume”, que promove a Asociación Española contra o Cancro. O convenio terá unha vixencia de dous anos prorrogables por períodos anuais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta proposta da Asociación Española Contra o Cancro promove a creación de ambientes libres da exposición ao fume nocivo do tabaco tradicional e/ou electrónico, en espazos abertos de uso público e colectivo. Co obxetivo de xerar entornos saudables para protexer a nosa saúde e previr enfermedades, como o cancro.

Coa sinatura do convenio, o Concello de Chantada colaborará na difusión da campaña de prevención visibilizando a condición de “Espazos sen Fume” dos establecementos ou instalacións públicas. Así o primeiro Espazo Sen Fume que se vén de sinalizar é a zona do Campo Municipal de Fútbol do Sangoñedo. Un cartel nas instalacións recolle:

En marcha para frear o cancro. Iniciativas saudables para previr o cancro. Respiro libre neste lugar

O Concello de Chantada comprométese así a difundir as mensaxes de prevención da Asociación Española Contra o Cancro e a promover a normativa e ordenanza necesaria para a prohibición de fumar nas súas instalacións exteriores, sendo este o obxecto principal da colaboración.

Pola súa banda a Asociación Española Contra o Cancro, comprométese a facilitar recursos e ferramentas destinados a sinalizar que ditas instalacións son “ESPAZOS SEN FUME”, así como formación, divulgación de prevención do tabaquismo, servizos para deixar de fumar, entre outros.

A Asociación Española contra o Cancro ten como obxetivo conseguir un 70% de supervivencia en cancro no ano 2030. Para alcanzar este obxetivo é fundamental:

  • Apoiar a investigación oncolóxica poñendo o foco en proxectos que poidan ter unha translación a clínica mais rápida, así como seguir investigando en tratamentos para aqueles cancros que teñen unha taxa de supervivencia baixa.
  • Incentivar accións de prevención destinadas a impulsar hábitos de vida saudables. Incrementar e fomentar os programas de detección precoz de cancro e garantir o acceso equitativo a estes programas, sobre todo nos cribados de colon, pulmón e cérvix.
  • Atender e apoiar aos enfermos e as súas familias ao longo de todo o proceso e facilitándolles apoio psicolóxico, atención social e asesoramento especializado.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...