HomesociedadeA Virxe dos Remedios da Ermida con novo enxoval custodiará o solideo...

A Virxe dos Remedios da Ermida con novo enxoval custodiará o solideo que o Papa Francisco lle dedicou

A partir do 14 de decembro a Virxe dos Remedios da Ermida lucirá novo enxoval custodiando un solideo do Papa Francisco dedicado á Virxe dos Remedios, que pronto se recibirá.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Coincidindo coa inauguración do Museo de Arte Sacra de Castro Caldelas, tivo lugar en terras caldelás e facendo honor ó irmanamento entre os dous santuarios, o primeiro acto público da recentemente creada Confraría Virxe dos Remedios de Quiroga. Presentouse un novo manto para a Virxe dos Remedios da Ermida, obra do restaurador malagueño, Francisco Naranjo.

A veciñanza desta parroquia quiroguesa tamén se desprazou a Caldelas para presentar unha nova coroa para a virxe realizada coas doazóns dos fregueses e executada pola Orfebrería Montenegro. Tanto esta coroa como este manto serán as pezas que luza a virxe a diario, posto que as presentadas o día da súa coroación canónica reservaranse para datas máis especiais.

Presentación co biso de Ourense, D. Leonardo Lemos; a Directora Xeral de Patrimonio, Dª Mª del Carmen Martínez; a alcaldesa de Caldelas, Dª Sara Inés Vega, e o comisario da exposición D. Manoel Carrete / JRR

Estas dúas pezas permanecerán expostas no Museo de Arte Sacra de Castro Caldelas ata o día 14 de decembro. Este lugar expositivo encóntrase situado en pleno centro histórico, e alberga unha colección única con reliquias que van da época romana ata pezas contemporáneas. Entre os obxectos expostos destacan vestiduras litúrxicas, libros sacros, reliquias traídas por Andrés de Prada, valido de Felipe II, e restos pétreos do mosteiro de San Xoán de Camba, antigo hospital de peregrinos.

O historiador, e comisario da exposición do Museo de Arte Sacra de Castro Caldelas, D. Manoel Carrete, ten previsto que a vitrina, dende o 14 de decembro, pase a custodiar un solideo do Papa Francisco dedicado á Virxe dos Remedios, que solicitou á Santa Sede e espera recibir en breve.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...