HomesociedadeBarricas da adega quiroguesa Lar de Ricobao servirán para elaborar whiskys de...

Barricas da adega quiroguesa Lar de Ricobao servirán para elaborar whiskys de alta calidade

A recoñecida e premiada destilería cántabra Siderit quere facerse un nome no sector do whisky e con ese obxectivo apostará pola colaboración coa adega de Quiroga. Nunha primeira colaboración empregaranse 9 barricas súas de 100 litros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A adega Lar de Ricobao, asentada na Ribeira Sacra e gañadora de numerosos premios en concursos nacionais e internacionais apostando por edicións limitadas de viños, vén de anunciar un novo proxecto. Trátase dunha colaboración coa destilería cántabra Siderit para elaborar whiskys de alta calidade.

Segundo explican fontes da adega quiroguesa, “nesta primeira colaboración empregaranse 9 barricas de 100 litros que conteñen variedades godello, branco lexítimo e o coñecido como “orange wine”. Despois de baleiradas serán reenchidas co destilado e farase un seguimento da evolución do whisky durante varios anos, observándose os matices que lles deixan os devanditos viños”. A previsión é que os whiskys estean listos para a súa comercialización aos 5 ou 6 anos dende que comece o seu envellecemento nas barricas.

A destilería Siderit conta cun gran recoñecemento e diferentes premios na súa traxectoria no sector da xenebra e agora busca facerse cun nome no sector do whisky, sector no que algunha das súas elaboracións recibiu a medalla de ouro en concursos internacionais.

Pola súa banda, a adega Lar de Ricobao conta cunha traxectora ascendente e caracterízase por realizar edicións moi limitadas de viños nos que se coida moito a materia prima e a súa producción realízase co máximo mimo e control. A uva empregada nas súas elaboracións prodúcese en fincas moi próximas á adega para poder facer un seguimento en todas as fases de crecemento e maduración, feito que garantiza a calidade que buscan.

ÚLTIMAS

José Tomé levará ao pleno do 26 de outubro a licitación do PXOM, “o documento máis importante para Monforte desde hai máis de 40...

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, anunciou este xoves que levará...

192.000€ para e mellora de varias rúas en Chantada

O Concello de Chantada dispón dun plan de asfaltado para rexeneración de vías nas...

O Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación chega o 17 de outubro a Taboada e Ribas de Sil

O sábado, 17 de outubro, ás 19:00 horas o salón de actos da antiga...

A Policía Local de Monforte incorpora a dous novos efectivos

Esta incorporación prodúcese unha vez finalizado o período de formación teórico-práctica que os novos...