HomesociedadeAiras Moniz gaña un premio na XXVII Catas dos Queixos e Meles...

Airas Moniz gaña un premio na XXVII Catas dos Queixos e Meles de Galicia

A empresa chantadina fíxose coa prata na categoría de 'Queixos artesáns' (Artesanía Alimentaria).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este luns 16 de decembro celebrouse a entrega de premios da XXVII Cata dos Queixos e da XXIII Cata dos Meles de Galicia en Santiago de Compostela, un evento que organiza a Xunta de Galicia en colaboración cos consellos reguladores.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, estivo presente e acompañada por altos cargos do seu departamento gabando a historia e a tradición no consumo destes produtos senlleiros da despensa galega. Afirmou que “de queixo en queixo poderíase facer o Camiño de Santiago acompañado do mel, que servía aos peregrinos como produto terapéutico, enerxético, antiséptico e cicatrizante”, e lembrou que “somos queixeiros desde os celtas co San Simón da Costa”, que “os Reis Católicos comían queixo do Cebreiro” ou que “a orixe do Queixo Tetilla e o Arzúa-Ulloa pérdese na noite dos tempos”.

A conselleira felicitou aos participantes, agradeceu o traballo dos compoñentes do panel de cata pola súa contribución ao éxito destes concursos e subliñou o compromiso da Xunta no apoio a estes produtos, especialmente no que atinxe á súa promoción nos diferentes mercados.

AIRAS MONIZ, PREMIADA

A queixería chantadina foi a única empresa do sur de Lugo premiada nesta XXVII Cata de Queixos de Galicia. O seu queixo Savel acadou a Prata na categoría de Queixos Artesáns (Artesanía Alimentaria).

Un recoñecemento máis ao seu bo facer e que suma a outros importantes premios e recoñecementos nos últimos anos. Sen ir máis lonxe, o pasado ano levou o “Premio Especial Alimentos de España” ao mellor queixo azul e recibiu o selo de calidade “Artesanía Alimentaria”.

ÚLTIMAS

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o prazo para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...