HomesociedadeJavier Arias e o piloto Eduardo Iglesias entregan agasallos de Nadal aos...

Javier Arias e o piloto Eduardo Iglesias entregan agasallos de Nadal aos nenos e nenas ingresados no HULA

A Delegación territorial da Xunta, en colaboración coa área de humanización do HULA, impulsou esta iniciativa co fin de levar ilusión e entretemento aos nenos e nenas que teñen que pasar estas datas de Nadal ingresados no hospital.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o piloto Eduardo Iglesias visitaron aos nenos e nenas ingresados na área de hospitalización do servizo de Pediatría do Hospital Universitario Lucus Augusti para entregarlles agasallos de Nadal.

Iglesias respondeu ademais a todas as cuestións dos cativos sobre a súa vindeira participación no Rally Dakar 2025, unha proba na que competirá por sexta vez, e brindoulles a oportunidade de subir nunha mini moto eléctrica que fixo as delicias dos máis pequenos.

O monfortino Eduardo Iglesias é o único piloto galego que competirá no próximo Rally Dakar, que comezará o vindeiro 3 de xaneiro en Arabia Saudita.

Iglesias conta coa colaboración da Xunta a través da Axencia de Turismo de Galicia, para usar esta proba como escaparate internacional das bondades da comunidade como destino, e da Secretaría Xeral de Deportes, en recoñecemento ao piloto como referente do deporte galego.

Na visita estiveron tamén presentes o xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, e a directora de Atención Hospitalaria, Montserrat Ortiz, entre outros membros do equipo directivo da área.

Eduardo Iglesias e Javier Arias, HULA / Delegación territorial

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...