HomesociedadeO pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra reuniuse coa presenza do Director Xeral do AGACAL, Martin Alemparte Vidal, para aprobar unha serie de medidas que avanzan no camiño da calidade dos produtos amparados pola DO Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en canto o rendemento máximo de kg por hectárea en variedades tintas pasando dos 9500 kg por hectárea actuais a 7500 kg/h.. Esta aprobación remitiráselle a Consellería de Medio Rural para a súa tramitación diante do Ministerio de Agricultura, co obxectivo de modificar o prego de condicións. Esta mediada entrará en vigor para a colleita 2025. Este acordo é en verbas do presidente, Antonio Lombardía Crespo, “un punto de inflexión dentro da estratexia de maximizar a calidade dos nosos viños para poder situalos unha gama de prezos que fagan posible convertir as explotacións vitícolas en rendibles asegurado así a continuidade da viticultura heroica”. O mantemento dos rendementos nas variedades brancas pode facer mais atractivo o sobreinxertado a estas variedades en zonas chas mais óptimas para elas, reducindo a cantidade de uvas tintas na DO e axudando de este xeito a preservar as viñas de variedades tintas e socalcos.

Aprobouse a limitación de novas plantacións co obxectivo de que non se aumente o viñedo en cha, e priorizar a ribeira como eixe de identidade. Nas zonas de bancais só se deixara inscribir novas plantacións en zonas que foran zonas de viñedo tradicional.

Por último instarase á Consellería de Medio Rural a solicitar a colleita en verde para a campaña 2025. “De aprobarse esta medida creemos que pode ser útil a calquera viticultor que o ano que ven non consiga un contrato de compravenda. O importe da axuda é do 50 % da produción e do coste de eliminación do acio que unido a axuda de mantemento da paisaxe, e tendo en conta que non se incorren en gastos de vendima, redúcese moito o traballo e o gasto en tratamentos é menor pode ser unha opción moi atractiva para aqueles viticultores que non atopen comprador mentres non se da axustado oferta e demanda”, explica Lombardía.

ÚLTIMAS

20 edicións do Castañazo, o 31 de outubro e 1 de novembro en Chantada

Do acto de presentación participaron o Concelleiro de Cultura de Chantada, Manuel Diéguez; a...

Ferido un home en Pantón tras caer na zona da Fervenza de Augacaída

O accidente ocorreu sobre as 18.40 horas deste xoves, cando un particular contactou co...

Último día para inscribirse no obradoiro de Alimentación Saudable para maiores de 60 anos do Programa Activa Monforte

O Espazo Gastronómico de Monforte, situado na Praza de Abastos, acollerá un obradoiro de...

Taboada vibrará este sábado cos Cantos de Taberna: 17 grupos, concerto e Foliada final

Taboada celebra este sábado 25 de outubro a súa V edición dos Cantos de...