HomesociedadePre-badaladas e San Silvestre solidaria en Quiroga

Pre-badaladas e San Silvestre solidaria en Quiroga

Foi este 31 de decembro a partir das 16:30 h. na Praza Lago.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Como remate do ano, e xa un costume no Concello de Quiroga, ás catro e media desta tarde celebrouse a carreira San Silvestre. Trátase dunha proba non competitiva que se pode facer correndo ou andando, preferentemente disfrazado, e que este ano chegaba á súa décima edición.

O recorrido polo casco urbano foi de tres quilómetros e medio cunha dificultade moi baixa para que poidese participar toda a familia. Iso si, para inscribirse, os participantes tiveron que entregar no punto de saída, na Praza rúa Lago, 2 quilos de produtos non perecedoiros que se doarán ao departamento de Servizos Sociais do concello para que os fará chegar ás familias máis necesitadas do municipio.

Ambiente na Praza Lago de Quiroga. Foto: RTMQ

A novidade desta edición foi a celebración das pre-badaladas antes do seu inicio e ao remate da carreira fíxose entrega dunha cesta de Nadal á persoa que fixo a carreira co mellor disfrace e sorteáronse outras catro entre o resto de participantes. Estas cestas de Nadal foron doadas polos supermercados de Quiroga.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...