HomesociedadeOs Reis Magos chegan á estación de tren de Monforte o día...

Os Reis Magos chegan á estación de tren de Monforte o día 5 ás 17:30h

Os Reis Magos chegarán á Estación de tren de Monforte ás 17:30 horas e o inicio da Cabalgata polas rúas da cidade dará comezo ás 18:30 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Coa chegada dos Reis Magos a Monforte, e co apagado, o vindeiro luns, 6 de xaneiro, do alumeado navideño darase por finalizado o programa de actividades de Nadal do Concello de Monforte

Ás 17:30h do día 5 está prevista a chegada dos Reis Magos de Oriente á Estación do Tren de Monforte, onde serán serán recibidos polo Alcalde e por membros da Corporación municipal, e coa música da Escola de Gaitas do Concello. Aproveitarán a ocasión para saudar a todos os nenos e nenas que os estean esperando no andén da Estación, e procederán ó reparto de caramelos.

Alí conformarase a Comitiva Real que estará integrada por catro carrozas, unha coa estrela e 3 para os Reis Magos e seus paxes. Os paxes serán alumnos de sexto de primaria dos centros de ensino da cidade. Ademais na comitiva tamén participarán o Grupo de Gaitas do Concello, así coma outros grupos musicais e decorativos.

A Comitiva Real partirá arredor das 18:30 horas dende a Praza da Estación, e percorrerá as rúas de Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Cardeal e a Avenida de Galicia (Ponte Novo), e finalizando no Campo de Santo Antonio ante a Casa do Concello, sobre as 19:30 h. Alí, os Reis Magos serán recibidos polo Alcalde do Concello de Monforte de Lemos e demais autoridades e membros da Corporación municipal.

Ás 19:45 horas as Súas Maxestades de Oriente lerán o discurso de Reis dende o balcón do Concello, finalizando a súa visita co reparto de caramelos e coa recepción ós nenos e ás nenas da cidade nas escaleiras do vestíbulo do Concello, como é tradición.

En caso de choiva forte, os Reis Magos e todos os Paxes trasladaranse en autobús dende a Estación de Ferrocarril ata o Concello de Monforte. O discurso farase no Salón de Plenos no horario previsto, así como o reparto de caramelos, e manteras tamén a recepción ós nenos e nenas no interior da Casa do Concello.

ÚLTIMAS

‘Xornadas Lactouras’: achegamento á micoloxía desde diferentes perspectivas

Conta atrás para as 'Xornadas Lactouras', un ciclo de actividades arredor da micoloxía que...

435.000€ para a mellora da estrada que une Sarria co Polígono do Morelle

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou este martes a zona para comprobar...

A D.O. Ribeira Sacra pecha a campaña con 4.617.965 quilos vendimados

A campaña despídese cun claro protagonismo das variedades tintas con 3.552.736 quilos, coa Mencía...

“Activa a túa vida dixital”, desde este 14 de outubro no CEMIT de Carballedo

Durante tres semanas consecutivas, os usuarios da aula lucense participarán en sesións semanais que...