HomesociedadeOs Reis Magos xa visitaron Sober

Os Reis Magos xa visitaron Sober

Comezaron a súa andaina polo concello ás 11:00 h. visitando a Residencia e remataron no Centro Sociocultural ás 12:30 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os Reis Magos de Oriente xa visitaron o Concello de Sober. Empezaron a súa visita pola Residencia Nosa Señora do Carme ás 11:00 h. onde chegaron ben acompañados por unhas axudantas para poder repartir os agasallos con máis axilidade.

As seguintes paradas foron A Cantina dos Meus Avós, en Bulso, onde os recibiron con doces e roscón; seguindo a continuación polo Local Social de Anllo-Santo Estevo, e rematando ás 12:30 h. no Centro Sociocultural de Sober. Neste último punto foron recibidos polo Alcalde, Luis Guitián, e por unha chea de cativos e cativas que recolleron os seus agasallos.

CANTOS DE REIS E ENTREGA DE PREMIOS DOS CERTAMES

O pasado venres 3 de xaneiro, o Centro Sociocultural foi tamén protagonista na actividade social e cultural do concello. Despois dunha actuación de narración oral tivo lugar a entrega de premios nos diferentes certames convocados polo concello: certame de postais –categorías A, B e D–, certame de beléns –categorías infantil e adultos–, e certame de decoración de locais comerciais. Pódense ver os e as gañadores/as na páxina de Facebook do concello.

E como remate, houbo un Concerto de Reis a cargo da formación musical local O Trícole, e unha chocolatada para o público presente.

Concerto do grupo O Trícole. Foto cedida.

ÚLTIMAS

“Eu sempre teño a porta aberta”, Javier Monterde, avogado na Pobra do Brollón

Javier Monterde Piguillen naceu en Barcelona, no barrio da Sagrada Familia, e o seu...

Unha consultora especializada redactará as bases para a renovación do contrato da auga en Monforte

A Xunta de Goberno Local de Monforte deu luz verde á contratación dos traballos...

“Stop agresións”, o 5 de febreiro ás 12:00 concentración do Hospital de Monforte

Segundo o sindicato, a Dirección do Hospital Comarcal de Monforte ten que tomar as...

Entrega de premios do certame de Poesía Infantil Nadal 2025 en Monforte

Este concurso, convocado pola Biblioteca Pública Municipal en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo,...