HomesociedadeAdif adxudica a supresión de cinco pasos a nivel en Sarria por...

Adif adxudica a supresión de cinco pasos a nivel en Sarria por 3,8M€

Adif adxudicou a supresión de sete pasos a nivel na liña convencional Ourense- Monforte de Lemos-Lugo, cinco deles no municipio de Sarria e dous en Ourense, cun investimento global de 6,4 M€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No caso de Sarria, a solución prevista consiste na construción de dous pasos superiores e un paso inferior, así como a reordenación dos camiños existentes para acceder ás novas estruturas. As obras foron adxudicadas en 3,8 M€. Un dos pasos superiores, de 117 m de lonxitude, situarase na zona do apartadero de Oural e dará acceso a unha cementeira, un camiño de servizo e as rúa Rúa Budueira e Rúa Agra. A calzada contará con dous carrís para vehículos, dúas beiravías e dúas beirarrúas para peóns. O outro paso superior dará acceso ás leiras da contorna e contará cunha calzada dun carril e dúas beirarrúas. Así mesmo, melloraranse varios tramos de camiños.

As actuacións complétanse coa construción dun paso inferior de 3 metros de anchura, mediante caixón de formigón armado empuxado baixo a vía. Trátase dun paso privado, non aberto ao tráfico rodado, que terá uso principalmente gandeiro e dará acceso ás leiras lindeiras. Na cidade de Ourense, os dous pasos a nivel a suprimir sitúanse nunha zona urbana que conta xa con viais e pasos a distinto nivel en servizo.

As solucións mellorarán a permeabilidade transversal nestas localidades e incrementarán as condicións de seguridade para a mobilidade dos peóns e os tráficos ferroviarios e viarios. A supresión destes sete pasos a nivel súmase ás actuacións en marcha para suprimir outros 12 pasos no tramo Monforte-Lugo, (seis na capital lucense, catro máis en Sarria e dous en Monforte de Lemos) cun investimento aproximado de 13 millóns de euros.

Adif está a levar a cabo unha ambiciosa renovación integral do corredor Ourense-Monforte de Lemos-Lugo (117 km) para reforzar a fiabilidade e capacidade de circulación da liña, que conecta coa alta velocidade en Ourense, ademais de renovar e ampliar estacións como as de Monforte e Lugo. Modernizouse todo o material de vía (carril, balasto, travesas), reforzáronse estruturas, desmontes e terrapléns, e adaptáronse os gálibos das pontes e túneles da liña, entre outras actuacións. Ademais, adaptouse o sistema de electrificación existente no tramo Ourense-Monforte para o seu funcionamento tamén a 25 kV, e instalouse a electrificación no tramo Monforte-Lugo.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...