HomesociedadeJuan de Dios Ruano ensinou socioloxía no IES A Pinguela a través...

Juan de Dios Ruano ensinou socioloxía no IES A Pinguela a través das pinturas do Museo do Prado

A charla foi dirixida ao alumnado de Bacharelato de Humanidades.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Juan de Dios Ruano Gómez, profesor e doctor de Socioloxía Política na Universidade da Coruña, vén de visitar o IES A Pinguela para impartir ao alumnado de Bacharelato de Humanidades unha moi interesante e amena conferencia que levou por título: “Una introdución a la Sociología a través de las pinturas del Museo Nacional del Prado”.

O alumnado de Humanidades atendendo á conferencia. Foto: IES A Pinguela.

Ruano, bo coñecedor das obras do que considerou unha das tres mellores pinacotecas do mundo, baseouse sobre todo nas pinturas “Las hilanderas. La fábula de Aracne” (1660) de Velazquez, “El juicio de Paris ” (1638) de Rubens, “La Boda” (1792) de Goya e “Sagrada Familia del pajarito” (1650) de Murillo para entender a nosa procedencia, límites e avances
culturais a nivel sociolóxico nos séculos XVII e XVIII.

ÚLTIMAS

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...