HomesociedadeAs ‘Mariñeiras’ daranse a coñecer nunha das feiras de snacks máis importantes...

As ‘Mariñeiras’ daranse a coñecer nunha das feiras de snacks máis importantes do mundo

Trátase da ‘International Sweets and Snacks Trade Fair’, feira que se celebra na cidade alemá de Colonia do 2 ao 5 de febreiro.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A empresa chantadina Lugar Da Veiga S.L.L., coñecida en gran parte pola elaboración das populares galletas Mariñeiras, participará no mes de febreiro nun importante escaparate comercial que terá lugar en Alemaña.

Trátase da ISM 2025 (International Sweets and Snacks Trade Fair), unha feira que se desenvolverá no recinto feiral de Colonia do 2 ao 5 de febreiro. Este encontro é o máis importante a nivel mundial do sector do doce e do snack, alcanzando este 2025 a súa 54ª edición. O perfil de empresas expositoras abrangue dende empresas grandes e moi consolidadas no mercado, como tamén outras medianas e pequenas que buscan posicionarse en nichos máis especializados.

A feira constitúe un punto de encontro para fabricantes, importadores e para o comercio do sector en xeral, servindo ademais como plataforma de presentación de produtos e novidades así como tamén de punto de encontro onde os compradores poden observar as tendencias do sector.

Unha mostra variada de galletas Mariñeiras. Foto: Daveiga

Dende Daveiga lembran que ata Colonia desprazarase un pequeno equipo comercial, e xa no recinto feiral poderá atoparse o seu stand no Hall 11.1:H056 entre as 9 da mañá e as 18:00 h. da tarde.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...