HomesociedadeSober recolle a única Certificación de Sostibilidade que obtén en Galicia un...

Sober recolle a única Certificación de Sostibilidade que obtén en Galicia un espazo público singular

A Rede de Miradoiros de Sober conta con 10 miradoiros que revalidaron a Q de Calidade á que suman a S de Sostibilidade

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No ano 2020 o Concello de Sober conseguiu mediante certificación coa Q de calidade que os miradoiros do Canón do Sil fosen recoñecidos como Espazo Público Singular, sendo un dos cinco espazos públicos que contaban con este selo de calidade no territorio nacional e o único de toda a Ribeira Sacra e da provincia de Lugo en conseguilo.

Sober conta a día de hoxe con dez miradoiros públicos que comezaron a construírse nos anos 80 e desde entón foron medrando e someténdose a diversas reformas ata chegar a ser un referente no territorio.

A misión dos miradoiros de Sober é a de ofrecer unha experiencia turística inmersiva que permita desfrutar da paisaxe de maneira respectuosa co medio ambiente. O obxectivo é consolidar os miradoiros como un referente en turismo responsable e sustentable, promovendo a conservación da paisaxe e o desenvolvemento económico local mediante a educación ambiental.

Por iso, para conseguir este propósito o Goberno local de Sober decide, catro anos despois de lograr a certificación de calidade, obter a certificación de sostibilidade, que foi implementada polo Instituto de Calidade Turística Española (ICTE) para axudar aos establecementos, empresas e destinos de España na integración dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable do Milenio.

Esta nova certificación achega vantaxes como contar cun elemento diferenciador, mellorar a imaxe e reparación do recurso e visibilizar a contribución da organización á mellora da súa contorna sociocultural e medioambiental. Contribúe ademais á mellora da xestión e eficacia das actividades optimizando recursos e motivando ao persoal.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, explica que nos vindeiros anos, “seguirase na procura da mellora das infraestruturas, a eficiencia enerxética e a promoción dun turismo inclusivo, asegurando un impacto positivo e duradeiro na rexión”.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...