HomesociedadeO Ictus a debate no Faladoiro do 29 de xaneiro en Quiroga

O Ictus a debate no Faladoiro do 29 de xaneiro en Quiroga

Tras o descanso de Nadal o vindeiro mércores, día 29 de xaneiro ás 18:00 h, retómase o Faladoiro no Centro Social. A persoa convidada nesta ocasión é a doutora Hermitas García Quiroga, que centrará a súa conversa no Ictus

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Hermitas García, nada en Pacios da Serra (Quiroga) é Licenciada en Medicina e especialista en Hematoloxía e Hemoterapia. Médico de familia, que leva máis de vinte anos exercendo como especialista en hematoloxía, os doce últimos no Hospital Comarcal de Monforte de Lemos.

Xosé Manuel Fernández, concelleiro de Servizos Sociais, será unha vez máis o moderador da charla na que se coñecerá o que se debe saber sobre o ictus. A través dos coñecementos a doutora ensinara a terlle respecto ao ictus, pero tamén a perderlle o medo.

Os faladoiros desenvólvense os últimos mércores de cada mes na Biblioteca do Centro Social. Trátase dun espazo aberto á veciñanza para a socialización, o coñecemento e a participación cidadá, onde tras unha breve presentación da persoa convidada, unha charla co moderador introduce un tema no que os participantes poden intervir con preguntas ou contando as súas propias experiencias.

ÚLTIMAS

Pepo Suevos: “subirei ó escenario coa mente en branco e a ver onde me leva a comedia”

Monforte empeza o ano 2026 con comedia e faino o día 2 de xaneiro...

Os Polos de Emprendemento da provincia asesoran a 1.100 proxectos e crean 90 empresas

Esta iniciativa da Xunta de Galicia, despregada progresivamente desde xullo de 2022, ofrece asesoramento...

A MESA Lemos organiza unha actuación para público familiar coincidindo co Mercado de Nadal de Pantón

Este ano o concello que colabora é o de Pantón e a actividade realizarase...

Monforte entrega case 15.000€ repartidos en 55 axudas ao transporte do alumnado

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana a concesión de axudas que suman...