HomesociedadeOs días 29 e 30 de marzo celébrase a Mostra do Aceite...

Os días 29 e 30 de marzo celébrase a Mostra do Aceite de Quiroga que abrirá cun congreso

A cita chega á súa XXV edición e comisión organizadora, composta polo Alcalde de Quiroga, José Luís Rivera, produtores de aceite e técnicos municipais, quere neste 25 aniversario "darlle o recoñecemento que o aceite quirogués se merece". A celebración do “II Congreso do Aceite de Oliva de Quiroga” e a dobre localización son algunhas das novidades.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dous días, 29 e 30 de marzo, son as datas fixadas para esta celebración que abrirá co II Congreso do Aceite de Oliva de Quiroga. O primeiro congreso celebrárase no ano 2020, cando por mor da pandemia Covid finalmente non foi posible realizalo de forma presencial como estaba previsto e optouse por levalo a cabo a través de vídeo conferencia. Neste segundo congreso, que se realizará o sábado 29 no Auditorio Municipal, contarase con persoas de renome no mundo do aceite nacional. O congreso rematará coa degustación de pinchos elaborados con aceite de Quiroga.

A outra das grandes novidades é a dobre localización. Na xornada do domingo os postos de venda situaranse na praza do Auditorio Municipal e realizaranse actividades aproveitando as instalacións municipais que a rodean, o Museo Etnográfico, o Albergue Municipal e o propio Auditorio. Pero tamén funcionará o Muíño de Aceite de Bendilló, para que os visitantes poidan seguir coñecendo a elaboración tradicional do aceite. Para facilitar o desprazamento dende as 11:00 ata as 14:00 horas sairá un autobús cada hora entre a vila quiroguesa e o muíño de aceite.

Continuando coas activades programadas o domingo para o 25 aniversario da mostra, por primeira vez contarase cun pregón que enxalce as cualidades no aceite de oliva de Quiroga e un show cooking, unha demostración culinaria con explicacións do que se está realizando.

Prográmanse tres degustacións de aceite de Quiroga comentadas –dúas pola mañá e unha pola tarde – nas instalacións do Museo Etnográfico, que terá unha xornada de portas abertas con visitas guiadas. E rematarase a xornada cunha actuación musical.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...