HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra estréase na Barcelona Wine Week

A D.O. Ribeira Sacra estréase na Barcelona Wine Week

Contará cun stand propio onde se exhibirán 39 viños procedentes de 14 adegas, distribuídos en 8 brancos, 1 rosado e 30 tintos

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra estará presente na Barcelona Wine Week, que se celebra no recinto Montjuïc da Fira de Barcelona do 3 ao 5 de febreiro. Esta participación marca a primeira incursión do Consello neste destacado evento do sector vitivinícola.

A D.O. Ribeira Sacra contará cun stand propio onde se exhibirán 39 viños procedentes de 14 adegas, distribuídos en 8 brancos, 1 rosado e 30 tintos. Ademais, varias adegas da denominación participarán cos seus propios stands, ampliando a representación dos viños da Ribeira Sacra na feira.

A Barcelona Wine Week é un evento de referencia para o viño español de calidade, que na súa edición de 2025 reunirá máis de 1.100 expositores de máis de 75 selos de calidade diferentes, cunha previsión de 24.000 asistentes. O salón ofrece un programa de actividades que inclúe catas, debates e encontros con expertos do sector.

A participación neste evento de referencia internacional é unha oportunidade para que viños da Ribeira Sacra accedan a novos mercados e públicos e deste xeito establecer contactos comerciais así como promover a diversidade e cualidade dos seus caldos.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...