HomesociedadeO Páramo acolleu unha xornada de transformación e crecemento no rural galego

O Páramo acolleu unha xornada de transformación e crecemento no rural galego

Nesta fin de semana O Páramo acolleu unha xornada de Transformación e crecemento no rural galego, organizada dende o Polo de Emprendemento de Sarria en colaboración coa Gandería Quintián, que acolleu a actividade. Os titulares da explotación explicaron a súa traxectoria e a súa experiencia empresarial aos asistentes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A finalidade do encontro era poñer en valor as posibilidades de emprender no rural e dar a coñecer os recursos que facilita o Goberno galego á hora de implantar ou consolidar un negocio. No acto participou a directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López.

Dende os Polos de emprendemento da Xunta promoven este tipo de encontros cos empresarios para poñer en común estratexias e explicar as liñas de apoio que facilitan a posta en marcha, consolidación e mellora da competitividade das empresas.

A Administración galega ofrece apoio económico a través de distintos programas de axudas; así como asesoramento técnico gratuíto a través da rede de Polos, que en Lugo conta con cinco centros – situados en Sarria, A Fonsagrada, Friol, Mondoñedo e Monforte de Lemos – nos que se levan atendidos case 800 proxectos.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...