HomesociedadeConferencia sobre podoloxía e deporte no IES A Pinguela

Conferencia sobre podoloxía e deporte no IES A Pinguela

O relator foi o podólogo e profesor da Universidade da Coruña Francisco Alonso Tajes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Francisco Alonso Tajes, podólogo, profesor e terapeuta da Universidade da Coruña, vén de impartir ao alumnado de 4º ESO, 1º BAC e ciclo de Calzado no IES A Pinguela unha interesante conferencia/taller sobre “Os Pés no deporte: visión científica dun podólogo namorado do deporte”. Tajes é profesor da Escola Universitaria da UDC onde, ademais da súa tarefa docente, fai traballos de investigación e tamén asistencial nas materias de Ortopedia, Terapéutica Farmacolóxica e Podoloxía Deportiva.

“Os Pés no deporte: visión científica dun podólogo namorado do deporte”, charla do podólogo Fran Alonso. Foto: IES A Pinguela.

O relator convidado polo centro de ensino é tamén profesor en prácticas clínicas impartidas na Clínica Universitaria de Podoloxía de Ferrol, principalmente na atención a persoas con alteracións morfolóxicas e funcionais do pé asociadas á práctica deportiva, e tamén membro do grupo de investigación INCIDE (Investigación en Ciencias do Deporte).

Fran Alonso ensinando un pé para ilustrar a súa charla. Foto: IES A Pinguela.
PÉS SANS E RENDIMENTO NO DEPORTE

A conferencia levou a conclusións como que na maioría dos deportes os pés sans, ben preparados e “ben vestidos”, son unha parte importante do rendemento deportivo ou simplemente de poder gozar facendo deporte.

E tamén xurdiron preguntas… Que di a ciencia sobre a relación pé-deporte? Como elixir o calzado deportivo axeitado para cada deporte? É normal que doan os pés cando se fai exercicio ou despois de facelo? Existe unha relación entre os distintos tipos de pés (planos, cavos, pronados, supinados…) e as lesións sufridas ou o rendemento físico? Estas e outras cuestións sobre a relación entre os nosos pés e a práctica deportiva foron contestadas nesta charla-obradoiro enfocada a descubrir conceptos básicos sobre a anatomía e a biomecánica dos pés e a súa relación co rendemento ou as lesións no deporte. O obradoiro incluíu unha análise morfolóxica do pé mediante unha plataforma de presión.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...