HomesociedadeCGT e Por Chantada reclaman solucións ás "irregularidades" no servizo do SAF

CGT e Por Chantada reclaman solucións ás “irregularidades” no servizo do SAF

O sindicato CGT demanda nun escrito ao alcalde de Chantada que proceda a efectuar as xestións pertinentes para determinar si se están a cometer irregularidades na contratación das traballadoras sociais por parte da empresa Os Ventos Innovación S.L. Pola súa banda Por Chantada reclama a rescisión do contrato e unha nova licitación do servizo ou a súa remunicipalización.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

CGT expresa no seu comunicado, que as traballadoras sociais deben estar en posesión da titulación de diplomadas en traballo social, ademais de estar colexiadas para o desempeño das súas funcións, como así o establece a lei. E informan de ter coñecemento de que as devanditas traballadoras non están dadas de alta no Colexio de Traballadores Sociais de Galicia.

“Este suposto constituiría un caso de intrusismo profesional e que vulneraría o prego de condicións técnicas polo que a empresa “Os Ventos Innovación S.L.” presta os seus servizos, así como a lexislación penal”, explican.

Mentres desde Por Chantada lembran que no verán denunciaron o incumprimento da normativa autonómica, coa ausencia de traballadoras sociais ao atenderse virtualmente desde Santiago o servizo. Segundo a concelleira de Por Chantada, Helena Fernández, “é unha obviedade que o Servizo de Axuda no Fogar ten una especial prevalencia na afectación á saúde física e mental das persoas traballadoras que só se pode explicar desde o recoñecemento dunhas condicións laborais inaceptábeis na prestación dun servizo público e esencial, que debería asumir a Xunta para ter condicións iguais en todos os concellos da Galiza e pór fin ás asimetrías e o elevado cofinanciamento para os concellos e mesmo para a Deputación que destina unha parte do Plan Único para o SAF”.

Desde Por Chantada lamentan “gastar máis dun millón de euros ao ano nun servizo que funciona cada vez pior desde que foi privatizado e onde o goberno local ampara todas estas irregularidades», afirma Antom Fente.

Con todo, a formación política demanda a rescisión do contrato e unha nova licitación do servizo ou, “mellor aínda, a súa remunicipalización, esixindo que o alcalde e a concelleira de Servizos Sociais dean a cara e interveñan dunha vez ante os continuados incumprimentos dos pregos do contrato que prexudican ás auxiliares e ás familias dos usuarios”.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...