HomesociedadeComeza o entroido en Monforte co 'Xoves de Compadres'

Comeza o entroido en Monforte co ‘Xoves de Compadres’

Será a primeira das actividades que contempla o programa do Concello de Monforte para este ano. Repartiranse 2.000 euros entre os premiados de cada categoría.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A programación de Entroido 2025 comeza en Monforte este 20 de febreiro co Xoves de Compadres, unha tradición que o Concello quere preservar dende hai anos convocando á veciñanza e centros de ensino a participar nun concurso.

Concurso do Xoves de Compadres

Para este certame, a Concellería de Cultura de Monforte levou a cabo tres convocatorias. Unha delas para os centros de ensino (colectivo e individual), outra para parroquias, barrios e rúas do Concello (individual e colectivo) e por último, unha terceira de carácter individual.

Os criterios que seguirá o xurado para determinar os gañadores terán en conta a orixinalidade dos materiais empregados e tamén se vai valorar a montaxe, a elaboración e os materiais utilizados, o interese etnográfico e a crítica social. Cada un destes criterios terá unha valoración mínima do 10% e a máxima será do 25% do total da puntuación.

Os premios para cada unha das convocatorias, tendo unha partida máxima de 2.000€, son os seguintes:

Individuais:

1º premio: 100 euros

2º premio: 75 euros

Accésit: 50 euros

Colectivos:

1º premio: 150 euros

2º premio: 120 euros

Accésit: 75 euros

Outros premios:

-Premio á etnografía: 150 euros

-Premio á crítica social: 150 euros

O concurso de Compadres, nas distintas categorías, desenvolverase a partir das 17:30 h. na praza de España de Monforte. Neste lugar amosaranse as creacións, farase a comunicación oficial dos gañadores e gañadoras e procederase á queima dos compadres que así o desexen.

Na web do Concello de Monforte pódense ver TODOS OS PARTICIPANTES.

Montero retratando a queima de compadres / XdL

ÚLTIMAS

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...